InicioSen categorizarA policía busca aos autores da talla e roubo de dous carballos...

A policía busca aos autores da talla e roubo de dous carballos da Carballeira do Souto de Salceda

PUBLICADO O

- Advertisement -


A policía local do Concello de Salceda de Caselas ven de realizar informe para a apertura do expediente de investigación da desaparición de dous carballos do espazo municipal denominado “Carballeira do Souto”, no barrio do Pomar de Suso. O equipo de goberno ten constancia de que dúas árbores deste espazo municipal foron talladas recentemente, sen que se coñeza ata o de agora o autor ou autora.

Ao feito de que se trata dun espazo de titularidade municipal recollido no inventario de bens, hai que engadir que estamos a falar de carballos, árbores que non se poden cortar sen a pertinente comunicación á Xunta de Galicia, o cal agrava máis se cabe a situación, pois tan só o Concello, como propietario do terreo, podería facer esa comunicación.

Por parte da policía local iniciáronse xa as pesquisas, apelando á colaboración veciñal para localizar a persoa responsable dos feitos.

O equipo de goberno lamentou o acontecido, coa corta destes dous carballos a pé de rúa, e co ataque ao patrimonio natural do Concello, lembrando os beneficios deste tipo de prantacións frente a outras invasoras, non só na loita contra os incendios, senon tamén na posta en valor do noso entorno natural.

ÚLTIMAS

Veciños de Lavadores esixen frear o plan de vivenda de Santa Cristina: “Non abandonar as súas vivendas de toda a vida”

Veciños do barrio vigués de Lavadores esixen á Xunta e ao Concello a “paralización...

Balaídos enfronta de novo a Xunta e Caballero polo camiño de Vigo ao Mundial de 2030

A Xunta de Galicia sinalou este xoves que é "difícil avanzar" nun acordo para...

Dous operarios feridos ao desprenderse parte do forxado dun edificio en obras en Vigo

Dous traballadores resultaron feridos leves na mañá deste xoves ao desprenderse parte do forxado...

Un incendio nunha cociña deixa unha persoa afectada por inhalación de fume en Vigo

Unha persoa resultou afectada por inhalación de fume na madrugada deste venres tras declararse...