InicioSociedadeA Covid nas escolas de Vigo: 341 positivos e 9 aulas pechadas

A Covid nas escolas de Vigo: 341 positivos e 9 aulas pechadas

O centro máis afectado é o CPR Plurilingüe O Castro de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área de Vigo continúa como a de maior incidencia da pandemia, tanto no que respecta a contaxios totais coma no que respecta aos centros educativos.

Os colexios desta área sanitaria suman un total de 341 positivos –aínda que baixaron en tres con respecto ao venres– e nove aulas pechadas. Desta zona, o centro máis afectado é o CPR Plurilingüe O Castro de Vigo, cun total de 13 casos activos de covid-19. Tras este, está o CIFP Manuel Antonio, con 10 positivos; o CEIP Balaídos, con oito; e o CPR Plurilingüe Apóstolo Santiago, con outro oito.

No conxunto de Galicia, a comunidade educativa continúa á baixa nos casos activos da enfermidade, ao baixar en sete nun día e colocarse no total de 1.187.

ÚLTIMAS

Ingrid deixa ventos de 117km/h e moitas incidencias en Vigo

Os bombeiros de Vigo tiveron numerosas saídas ao longo da noite e á primeira...

A UVigo celebrará as eleccións ao reitorado na semana do 4 ao 8 de maio

As eleccións para escoller ao próximo reitor ou reitora da Universidade de Vigo celebraranse...

A concelleira de Seguridade de Vigo, citada como investigada polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O Tribunal de Instancia, na súa sección de Instrución de Vigo, citou a declarar...

De tesouro agochado a capital mundial do Nadal: como Vigo creou a súa propia marca

Hai cidades que teñen un icono. París ten a Torre Eiffel. Nova York, a...