InicioCulturaAs Meninas solidarias de Ponteareas visitan A Louriña e O Condado

As Meninas solidarias de Ponteareas visitan A Louriña e O Condado

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concellería de Ensino e Participación Cidadá de Ponteareas abre fronteiras para que as trinta Meninas realizadas por colectivos e centros de ensino de toda a área metropolitana expoñan a súa beleza e creatividade nos diferentes concellos veciños.

Organizadas por quendas, as Meninas visitarán os concellos de Mondariz, Mondariz
Balneario, Salceda, Covelo, As Neves, A Cañiza e O Porriño. En Ponteareas estarán
para engalanar a nosa prezada festa dos Remedios.

Grazas a colaboración do concello de Mondariz, esta semana as Meninas de Ponteareas estarán ata o 18 de xuño expostas na praza de abastos, no centro social, no concello e na biblioteca para que todos os veciños poidan desfrutar destas obras de arte realizadas na súa maior parte con materiais de refugallo.

O Alcalde de Mondariz, Juan Carlos Montes, salienta a beleza das pezas e felicita á concelleira de Ensino por esta iniciativa que crece, ano tras ano, permitindo agora que
o resto dos concellos da contorna poidan non so desfrutala se non tamén ser partícipes de xeito activo como no caso do CEIP de Mondariz que aportou unha singular e orixinal Menina atrapada nunha botella.

O proxecto “Flores para as Meninas” creado pola profesora Pilar Gallego e dirixido dende a concellería de Ensino de Ponteareas, contouse coa colaboración de toda a comunidade educativa e distintos colectivos que agasallaron estas pezas para que logo puideran ser patrocinadas e donados os cartos conseguidos a unha entidade sen ánimo de lucro que este ano foi a asociación Avelaíña de axuda a persoas con enfermidades mentais.

Este traballo en equipo, exemplo de participación e xenerosidade, pon o seu punto
final con esta exposición itinerante que retornará a Ponteareas a finais do mes de
setembro para ser entregadas aos seus patrocinadores que altruistamente as ceden
para ser amosadas ao grande público.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...