InicioEconomíaPrensa Ibérica, o grupo dono do Faro de Vigo, prepara un Expediente...

Prensa Ibérica, o grupo dono do Faro de Vigo, prepara un Expediente de Regulación de Emprego

PUBLICADO O

- Advertisement -

Prensa Ibérica, o conglomerado de medios propiedade do empresario Javier Moll e que é dono, entre outros, de Faro de Vigo e La Opinión da Coruña, en Galicia, acaba de anunciar que realizará un Expediente de Regulación Temporal de Emprego ( ERTE) de forma xeneralizada en todas as súas cabeceiras, incluídas as dúas galegas.

Prensa Ibérica ten 17 cabeceiras rexionais, entre xornais e revistas. A empresa trasladou este luns a decisión de presentar un ERTE de redución de xornada durante 4 meses, pero que aínda non hai unha fórmula definida, segundo apunta Economía Digital. Ademais de ao Faro e La Opinión, o ERTE afectará a cabeceiras do grupo, como La Nueva España ou Levante EMV, ademais de Periódico de Catalunya, o novo buque insignia do grupo desde que Prensa Ibérica decidiu comprar Zeta.

Non é o único gran grupo de comunicación afectado. A dirección do grupo Vocento trasladou á súa representación sindical que se acollerá ao ERTE para despedir xente nas súas áreas de xestión comercial, que se traducirá no recorte dun 40% do salario e da xornada laboral. Só se libraría deste expediente as áreas de redacción, rotativas e sistemas, considerados servizos críticos no traballo do grupo. Vocento edita cabeceiras emblemáticas como ABC, El Correo ou El Diario Vasco.

Tamén medios galegos barallan esta posibilidade e aínda que non se fixo efectiva, nin hai anuncios concretos, o certo é que grupos como La Voz de Galicia, El Progreso ou La Región tamén poderían acollerse a ERTES.

CRISE

Esta decisión coincide coa chamada de auxilio de diferentes colexios e asociacións de medios de comunicación que representan tanto ás televisións, ás radios, á prensa e aos diarios dixitais. Todas elas coincidiron en solicitar axudas ao Goberno para afrontar o esborralle publicitario que está a supoñer para eles as medidas para frear o coronavirus, que pasan por frear a economía en seco, coa consecuente caída do consumo e da publicidade.

ÚLTIMAS

O PP de Vigo levará ao pleno a imputación da concelleira de Seguridade polo accidente do Saltamontes

A presidenta do PP e portavoz do grupo municipal 'popular' de Vigo, Luisa Sánchez,...

Un ferido tras envorcar co seu coche na avenida Arquitecto Antonio Palacios en Vigo

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns en Vigo tras envorcar o seu...

Confirman a ocupación do castro das Hortas nas illas Cíes

A segunda campaña arqueolóxica no castro das Hortas, nas illas Cíes, confirmou que a...

Desactivada a alerta pola desaparición dunha muller: está “desorientada, pero ben”

SOS Desaparecidos desactivou a alerta pola desaparición en Vigo dunha muller, de 44 anos...