InicioDeportesÓscar García, tralo empate do Celta en Granada: "Cada punto é importante...

Óscar García, tralo empate do Celta en Granada: “Cada punto é importante e máis nun campo coma este”

Os vigueses volven cun 0-0 que os sitúa a tres puntos por riba do descenso. Con todo, non se confían, porque son conscientes de erros cometidos nos pases, por exemplo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

EFE.- Despois do proveitoso empate conseguido polo Celta contra o Granada (0-0), o adestrador dos celestes, Óscar García, dixo que na situación en que están “cada punto é importante”. Máis aínda se era nun campo coma o Estadio Nuevo Los Cármenes, “porque poucos equipos puntuaron aquí”. “Queriamos gañar, pero o máis xusto foi o empate”, sostivo Óscar en rolda de prensa.

O técnico lamentou que no segundo tempo fallaron “moitos pases” e estiveron “moi imprecisos”. Recoñeceu que querían “defender máis co balón” pero que nese aspecto fixérono mellor “na primeira parte”.

“O Granada apertou moito, sempre ben axudado pola afección. Nos últimos metros tes que ter moita precisión e nós non a tivemos. Foi algo xeral, non de dous ou tres xogadores. Non afacemos ter eses erros no pase”, admitiu.

Sobre a situación do Celta na táboa, agora con tres puntos de renda sobre o descenso, comentou que van tentar “facer os máximos puntos posibles” e mirarse a eles mesmos. “Dependemos de nós e non facemos contas. Imos ir partido a partido e a tentar sumar en todos“, sentenciou o técnico do cadro vigués.EFE

ÚLTIMAS

Stellantis lanza o maior plan estratéxico da súa historia tras investir 60.000 millóns ata 2030

O grupo de orixe franco-italiano Stellantis presentou este xoves en Auburn Hills, en Michigan...

O sector do metal critica a “tomadura de pelo” da patronal e esixe un convenio “digno”

Centos de traballadores do comercio do metal da provincia de Pontevedra saíron de novo...

Fronte común en Vigo contra o desfile das Forzas Armadas: convocan unha manifestación contra a “exaltación da barbarie”

A rúa prepárase para responder á gran demostración de forza militar que acollerá Vigo....

Testemuñas de Jehová denunciaron ante a Policía posible agresión sexual a dúas nenas por un fiel xulgado o martes en Vigo

A comunidade de Testemuñas de Jehová de Vigo, en concreto dous dos seus 'Ministros...