InicioDeportesNon hai marxe de erro para o Celta, que se enfronta a...

Non hai marxe de erro para o Celta, que se enfronta a un Eibar ansioso de vitorias

O Celta-Eibar será unha especie de "final" pola permanencia de ambos equipos. Logo dos fracasos copeiros, buscan ilusionar a afección e deixar tres puntos na casa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

EFE.- Unha soa vitoria nas últimas doce xornadas converteron o duelo deste domingo contra o Eibar na primeira “final” pola permanencia para o Celta de Vigo, incapaz de endereitar o seu rumbo pese á substitución no seu banco.

Non hai marxe de erro para o conxunto dirixido por Óscar García, que segue sen celebrar unha vitoria en Balaídos. O seu único triunfo en Liga como técnico celeste chegou en Villarreal, hai xa máis de dous meses.

A situación é tan dramática que a directiva do Celta promoveu un recibimento ao equipo á súa chegada ao estadio. Busca o efecto que tivo a pasada tempada “A Nosa Reconquista”, aínda que aquela campaña estivo marcada por unha promoción de entradas gratuítas para os abonados e prezos alcanzables para o público, algo que agora non se repite.

Non se espera, por tanto, unha gran entrada en Balaídos, a pesar de que o Celta se xoga a vida. Gañar supoñería meter ao Eibar na pelexa por eludir o descenso; empatar ou perder aumentaría as dúbidas e deixaría aos de Mendibilar a seis ou máis puntos, ademais de perder o “gol-average” particular.

ELIMINACIÓN NA COPA

Óscar García recuperará o seu once de gala despois de dar unha oportunidade aos menos habituais na Copa. Da eliminación ante o Mirandés ninguén fala. O fracaso copeiro quedou nun segundo plano. A final de mañá absórbeo todo.

O ONCE PROBABLE

Rubén Blanco actuará na portería. Na liña defensiva só hai unha dúbida: quen ocupará o lateral dereito. Hugo Mallo, recuperado da lesión que lle impediu xogar ante o Athletic, apunta á titularidade, con Kevin Vázquez na récamara. A dupla Murillo-Araujo repetirá no centro do eixo.

O segundo reforzo invernal, o internacional croata Filip Bradaric, adestrou esta mañá pero non será da partida. O dobre pivote será para Okay Yokuslu e Beltrán. Por diante, Pione Sisto ocupará a banda esquerda, Santi Mina a dereita e Rafinha actuará por detrás de Iago Aspas.

O EIBAR BUSCA RENOVARSE

O Eibar, tras a dolorosa eliminación copeira ante o Badaxoz, necesita recuperar en Balaídos a súa mellor versión, aquela que lle serviu para gañar ao Atlético en Ipurua.

Un partido que pode valer máis que tres puntos na loita pola permanencia na que ambos os equipos se atopan inmersos, xa que unha vitoria armeira afastaría ata os nove puntos aos celestes, mentres que perder significaría volver sufrir na zona baixa da táboa.

A afección armeira tamén terá a súa representación na bancada, nunha praza que sempre gustou aos armeiros e na que se produciu un bonito irmandamento entre afeccións

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...