InicioDeportesCelta e Deportivo únense para axudar a unha nena con xordeira

Celta e Deportivo únense para axudar a unha nena con xordeira

O club vigués súmase a unha iniciativa do coruñés, que agradece a solidariedade dos celtistas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Deportivo e o Celta, máximos rivais no céspede, uníronse nunha iniciativa para axudar a unha nena con xordeira que perdeu uns implantes cocleares na Coruña.

O club coruñés pediu aos seus afeccionados, a través das redes sociais, a colaboración para recadar o diñeiro suficiente (16.000 euros) para repoñer os implantes da pequena Olalla.

O Celta retuiteou a mensaxe do Deportivo e animou aos celtistas para axudar nesta iniciativa porque “a solidariedade non entende de cores”.

Tamén contribuíron á campaña outros clubs como o Leyma Básquet Coruña, que dispuxo a súa hucha solidaria e a recadación das súas rifas para ese fin no seu partido da LEB Oro ante o Ourense.

Os implantes cocleares son dispositivos electrónicos médicos deseñados para persoas con perda auditiva grave ou profunda e, a diferenza dos audífonos que amplifican o son, transforman os sons en sinais eléctricos que envían directamente ao nervio auditivo e de aí ao cerebro, evitando as zonas danadas do oído.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...