InicioMedio Ambiente e PatrimonioPiden á Xunta que aclare os intereses do Santander na política de...

Piden á Xunta que aclare os intereses do Santander na política de rexeneración do monte

PUBLICADO O

- Advertisement -

“O incendio do pasado domingo no Concello de Mondariz debe ser máis que unha chamada de atención”, apuntan desde o PSOE de Ponteareas, e engaden que é “unha clara demostración da nula política da Xunta de Galicia en materia de prevención de incendios e de reforestación en zonas tan afectadas polos incendios do 2017 como a comarca do Condado”.

Os socialistas tamén alertan de que “a financiación privada non debe ser a solución á ausencia dunha política de prevención de lumes por parte da Xunta, senón máis ben un engadido ás políticas públicas en materia de prevención e rexeneración do monte.

O PSOE ponteareán piden á Xunta que aclare a que se debe “que unha entidade bancaria como o Banco Santander se involucre directamente na política de rexeneración do monte. Asimesmo, os socialistas consideran que debe ser a Xunta quen aclare se é un mero donativo ou se hai outros intereses”.

Segunda xornada da enorme vaga de lumes que arrasou Galicia en pleno mes de outubro / Miguel Núñez.

O PSOE de Ponteareas insta tamaén á Xunta de Galicia a por en marcha un plan integral para a reforestación de todo o monte queimado en Ponteareas durante os incendios de outubro do 2017, sempre pondo o valor medioambiental e económico do monte ponteareán.

“Desde o PSOE de Ponteareas instamos á Xunta de Galicia a levar a cabo accións de prevención de maneira inmediata en Ponteareas” sinala Chus Garrote, portavoz do partido.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...