InicioSucesosUnha muller trasladada despois de calcinarse por completo a súa vivenda en...

Unha muller trasladada despois de calcinarse por completo a súa vivenda en Moaña

PUBLICADO O

Unha muller tivo que ser trasladada ao Hospital Povisa de Vigo na madrugada deste domingo despois de que un incendio na súa vivenda calcinase por completo o seu domicilio situado na Rúa das Barxas, no municipio pontevedrés de Moaña.

Segundo informou o 112 Galicia, o lume iniciouse pasadas as 01,30 horas no comedor do piso e as chamas afectaron as vivendas contiguas ao inmoble. Ademais, de forma preventiva, a planta do domicilio afectada foi desaloxada mentres duraron as tarefas de extinción.

O 112 Galicia tivo coñecemento deste incidente a través dunha persoa particular, que contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) para informar dun lume na súa vivenda. Ademais, nesta mesma chamada indicada que varias persoas non podían saír da vivenda.

Con estes datos, o persoal do 112 Galicia deu aviso do incendio a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Morrazo e de Vigo, á Garda Civil e á Policía Local.

ARDE UN SALÓN EN SANTIAGO

Por outra banda, o 112 Galicia tamén informou dun incendio declarado nunha vivenda da Rúa Teo, en Santiago de Compostela, que calcinou o salón do inmoble.

Varios particulares alertaron deste incendio ao 112 Galicia pouco antes das 22,00 horas deste sábado. Así, os xestores da central de emerxencias mobilizaron aos Bombeiros de Santiago, aos axentes da Policía Nacional e da Policía Local, así como de Protección Civil da localidade e, como medida preventiva, aos servizos sanitarios.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...