InicioVigo e contornaVigoCincuenta bolsas do Concello de Vigo irán a alumnos da Escola Oficial...

Cincuenta bolsas do Concello de Vigo irán a alumnos da Escola Oficial de Idiomas para estadías no estranxeiro

Segundo avanzou o alcalde, Abel Caballero, en declaracións remitidas aos medios, este ano concederanse 50 bolsas para que estes alumnos melloren os seus coñecementos de idiomas, e as axudas contarán cunha asignación media entre 1.700 e 2.200 euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo aprobará este venres as bases da convocatoria de bolsas para estancias lingüísticas no estranxeiro para alumnos da Escola Oficial de Idiomas, un programa dotado con 88.250 euros.

Segundo avanzou o alcalde, Abel Caballero, en declaracións remitidas aos medios, este ano concederanse 50 bolsas para que estes alumnos melloren os seus coñecementos de idiomas, e as axudas contarán cunha asignación media entre 1.700 e 2.200 euros.

Do total de bolsas, 20 serán para estancias en Reino Unido; 6 para estancias en Francia; 5 para Alemaña; 8 para Italia; 3 para Portugal; 6 para Xapón; e 2 para China. As axudas subvencionan estancias durante dúas semanas, así como desprazamentos e matrícula dos cursos, entre outros gastos.

O alcalde lembrou que estas bolsas se suman ás 1.100 bolsas do programa ‘Vigo en inglés’ para escolares de de 4º da ESO, que se volverán a convocar este ano.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...