InicioPolíticaCaballero denuncia que a Xunta non dá "nin un céntimo" para a...

Caballero denuncia que a Xunta non dá “nin un céntimo” para a reforma de Balaídos

A Xunta lamenta a súa "decadencia política".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que o vindeiro luns comezarán a desmontarse os asentos para iniciar a reforma da bancada de Gol no estadio municipal Abanca Balaídos, e aproveitou para volver criticar que a Xunta de Galicia non achega fondos para esta reforma, mentres que si contribúe en obras en campos de fútbol de Lugo, Ourense e Ferrol.

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico lembrou que o goberno galego achegará 3,8 millóns para o estadio Anxo Carro, que se suman aos 9 millóns achegados para A Malata e os 3,2 millóns para o campo de Ourense, “e á probable achega a Riazor, se A Coruña é sede do Mundial de Fútbol“. “E Vigo?”, cuestionou Caballero, que lembrou que é a única cidade galega cun equipo en Primeira División e o seu estadio non recibe “nin un céntimo”

“Señores da Xunta, vostedes estanse rindo desta cidade (…) están a burlarse de Vigo“, censurou e criticou que Roda e o PP “nunca atenden a Vigo”. As palabras do alcalde obtiveron resposta por parte da Xunta, e a súa delegada territorial na área viguesa, Ana Ortiz, advertiu de que “a decadencia política” de Caballero “está a converterse nun freo aos investimentos na cidade“.

Ortiz constatou que, mentres o rexedor “critica investimentos noutras cidades”, “bloquea” os investimentos da Xunta en Vigo. Así, puxo como exemplo o centro de asociacionismo, cuxa licenza suspendeu o Concello, o desenvolvemento da ETEA ou as pistas de atletismo de Balaídos.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...