InicioEconomíaAdeus á sociedade Hijos de J. Barreras que deixa 100 traballadores na...

Adeus á sociedade Hijos de J. Barreras que deixa 100 traballadores na rúa

Finaliza sen acordo o período de consultas do ERE, que suporá o despedimento de 100 traballadores

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Mercantil 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou auto, de data 6 de xullo de 2022, no que acorda abrir a fase de liquidación do estaleiro vigués Barreras, e no que declara disolta a sociedade Hijos de J. Barreras SAU.

No devandito auto, ao que tivo acceso Europa Press, tamén declara o cesamento dos administradores da sociedade (substituídos pola administración concursal) e declara vencidos os créditos concursais aprazados e a conversión en diñeiro dos que consistan noutras prestacións.

Unha vez aberta a fase de liquidación, a xuíza outorga un prazo de 10 días á administración concursal para que presente un plan de liquidación para a “realización dos bens e dereitos integrados na masa activa do concurso”.

A apertura desta fase foi solicitada polo propio estaleiro mediante escrito remitido ao xulgado a finais do mes de xuño, ante a imposibilidade de presentar proposta de convenio tras a venda da unidade produtiva (que foi adxudicada a Armón) e a situación de ERTE que afecta os traballadores, pendentes da aprobación do expediente extintivo.

SEN ACORDO SOBRE O ERE

Precisamente, o período de consultas sobre o expediente de extinción de emprego do estaleiro vigués, que suporá o despedimento dun centenar de operarios, finalizou este xoves sen acordo. Segundo informaron fontes sindicais, a administración concursal non ofreceu máis nada que “o mínimo”, é dicir, un despedimento obxectivo cunha indemnización de 20 días por ano traballado, cun máximo dun ano.

A partir de agora, a xuíza do Mercantil de Vigo, deberá solicitar informe da Inspección de Traballo e posteriormente emitir o auto no que declare a extinción dos contratos.

Ademais, na resolución deberá pronunciarse tamén sobre se hai responsabilidade da propiedade, no caso de que, tal e como reclamaban os representantes do persoal, se poida confirmar que os donos de Barreras (Cruise Yatch Yardco LTD) forman parte dun grupo con unidade empresarial.

Unha vez superado ese trámite, o xulgado deberá abrir a peza de cualificación, para determinar se o concurso de Barreiras foi fortuíto ou culpable. No segundo caso, ábrese a posibilidade de dirimir responsabilidades penais.

ÚLTIMAS

Caballero denuncia que a Xunta non dá “nin un céntimo” para a reforma de Balaídos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que o vindeiro luns comezarán a desmontarse...

PP e BNG reclaman a Caballero que dea explicacións sobre Guns N’ Roses “aos vigueses, non a Risto Mejide”

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo, PP e BNG, rexistraron a...

Stellantis presentou a súa nova tecnoloxía autónoma STLA

Stellantis presentou este xoves a súa nova tecnoloxía autónoma STLA AutoDrive 1.0, o primeiro...

Cincuenta bolsas do Concello de Vigo irán a alumnos da Escola Oficial de Idiomas para estadías no estranxeiro

O goberno municipal de Vigo aprobará este venres as bases da convocatoria de bolsas...