InicioPolíticaO PP esixe ao Goberno que acate a moción aprobada no Senado...

O PP esixe ao Goberno que acate a moción aprobada no Senado para dotar de moi alta tensión a Stellantis Vigo

Fernández Tapias critica que o alcalde "se erixe en salvador" da planta pero volve dos seus encontros en Madrid "sen respostas",

PUBLICADO O

PP de Vigo advertiu este venres de que estará “moi vixiante” para que o Goberno acate a moción aprobada esta semana no Senado (coa abstención do PSOE e de Esquerra) para incluír á cidade e á planta de Stellantis na planificación de Rede Eléctrica para dotala de conexión á rede de moi alta tensión.

Así o trasladou nunha rolda de prensa o senador vigués, defensor da moción na Cámara Alta, Javier Guerra, quen advertiu de que, se o Executivo “segue sen escoitar” a demanda da planta de automoción “máis produtiva de España”, a súa actitude interpretarase “claramente” como un “desprezo” á industria de Vigo e de Galicia.

Javier Guerra lembrou que esta demanda vén desde hai anos e que, se antes era importante, agora o é máis, debido á “política do Goberno de forzar a electromovilidade“, o que obriga a cambios importantes para manter a produtividade nas plantas de produción.

Así mesmo, lamentou a “total falta de comunicación” entre o Goberno e o grupo Stellantis, posta de manifesto publicamente polo propio CEO da multinacional, Carlos Tavares; e a actitude do PSOE, que mantén “un discurso en Vigo e outro en Madrid”.

“O TEMPO ESGÓTASE”

Na mesma liña, a presidenta do PP de Vigo, Marta Fernández Tapias, subliñou que o Executivo central non só desatende a demanda da liña de moi alta tensión, senón que tampouco permite a inclusión da fábrica viguesa no PERTE da automoción, e “o tempo esgótase”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...