Tres persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital Povisa de Vigo tras ser atropeladas mintas cruzaban por un paso de peóns na cidade olívica, segundo informou a Policía Local nun comunicado.
O suceso ocorreu sobre as 12,30 horas na rúa Doutor Corbal á altura do número 12, cando o condutor dun Volkswagen Touran atropelou a tres peóns de 77, 82 e 85 anos de idade, respectivamente.
Segundo manifestou o propio condutor, de 45 anos, debido a un descoido non se decatou de que estaban a cruzar peóns no paso habilitado para eles. Ata o lugar desprazouse unha unidade de Atestados da Policía Local, quen se fixo cargo da intervención e da investigación das causas. Os feridos foron trasladados a Povisa para o seu recoñecemento e asistencia médica.