InicioVigo en FotosGalería das fotos: As mellores imaxes da San Silvestre viguesa

Galería das fotos: As mellores imaxes da San Silvestre viguesa

PUBLICADO O

- Advertisement -

A San Silvestre de Vigo foi multitudinaria un ano máis, como vén sendo común desde que pasou de celebrarse no Parque de Castrelos, cuna do noso atletismo, ao centro da cidade (contorna da Alameda e Beiramar).

O número de participantes multiplicouse e tamén o esforzo por conseguir o premio ao mellor disfraz, único galardón en disputa posto que a proba non é competitiva.

 

Cada cidade celebra o novo ano á súa maneira. Así, en Madrid foron uns esixentes 10 quilómetros, nunha dura competición para a cabeza de carreira. En Vigo os 6 quilómetros da pasada edición convertéronse en só 4, e de feito os miles de participantes tiveron ata que agardar de pé uns intres sen poder avanzar no paso polas zonas máis estreitas do Casco Vello. Os menos adestrados aproveitaron para recuperar folgos.

En definitiva, a San Silvestre de Vigo consolidouse como unha proba aberta a tódolos públicos, coa que o maior número posible de persoas despiden o ano con ledicia.

 

ÚLTIMAS

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na...

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...