InicioPolíticaO BNG denuncia "opacidade" no custo do desfile das Forzas Armadas e...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

Xabier Pérez Igrexas critica que o Goberno de Caballero non facilite os expedientes e censure a comparecencia do concelleiro de Deportes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo denuncia a “opacidade” do goberno local de Abel Caballero sobre o custo do desfile das Forzas Armadas na cidade, previsto para o vindeiro 30 de maio, así como o peche do complexo deportivo das Travesas para o seu uso como campamento militar. Nun comunicado, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, advertiu de que o Bloque “non ten acceso a ningún expediente municipal” relacionado co evento, a pesar de que xa se superou o prazo legal para que o Concello facilite esa información.

Ademais, desde o BNG censuraron a negativa de incluír como asunto de urxencia na comisión de deportes a solicitude de comparecencia do concelleiro Manel Fernández, quen estivo “casualmente ausente” da sesión a pesar de presidir o organismo. O obxectivo da comparecencia era abordar as consecuencias do peche do complexo das Travesas para a actividade deportiva da cidade.

Para Igrexas, este silencio supón “unha tomadura de pelo” para os veciños e os clubs deportivos que fan uso das instalacións. Segundo denunciou, o complexo das Travesas vai ser clausurado desde o 27 de abril ata o 7 de xuño para converterse nun campamento militar, o que afectará directamente á programación e adestramentos das entidades usuarias durante esas semanas.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...