InicioSucesosDúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

O lume iniciouse nunha cociña da avenida viguesa e xerou unha intensa fumareda que afectou os ocupantes do inmoble.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación de fume tras rexistrarse un incendio nunha vivenda situada na Avenida de Samil, na zona de Navia, en Vigo.

Segundo informou o 112 Galicia, o aviso recibiuse pasadas as 14:30 horas, a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaba dun incendio no interior dun apartamento e da posible necesidade de asistencia sanitaria para varias persoas. Así, activouse un operativo no que participaron os Bombeiros de Vigo, a Policía Nacional e Local, así como efectivos de Protección Civil.

Unha vez no lugar, os equipos de extinción confirmaron que o incendio se iniciara na cociña, xerando unha “intensa fumareda” que afectou o mobiliario. Como consecuencia da inhalación de fume, os dous afectados foron trasladados polos servizos sanitarios ao hospital.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...