InicioCulturaA lendaria compañía de teatro La Fura dels Baus leva a un...

A lendaria compañía de teatro La Fura dels Baus leva a un ‘éxtase floral’ o Mar de Vigo

O espectáculo Carmina Burana foi desfrutado na nosa cidade durante 5 días consecutivos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A compañía de teatro catalana La Fura dels Baus defínese a sí mesma como “excentricidade, adaptación, ritmo e transgresión”. Os seus obxectivos, pioneiros nesta arte, son romper cos espazos preconcibidos de actuación, e tamén coa chamada cuarta parede, chamando ao público a intervir.

La Fura Dels Baus no Auditorio Mar de Vigo / Miguel Núñez

En Vigo interpretaron o seu espectáculo ‘Carmina Burana’ durante 5 funcións, do 30 de novembro ao 2 de decembro. A cantata de Carl Orff, dirixida por Carlus Padrissa, continuará o seu circuíto no Teatro Arriaga de Bilbao (do 5 ao 9/12), no FIBES de Sevilla (do 22 ao 23/12) e pechará o ano no Gran Teatro de Córdoba (do 27 ao 29/12).

La Fura Dels Baus no Auditorio Mar de Vigo / Miguel Núñez

A Fura dels Baus celebra ter concibido “un Carmina Burana trepidante, onde o espectador, a través de impactantes escenas, efectos especiais e mesmo fragrancias primaverais, mergúllase na contundente e visceral música de Carl Orff, interpretada en directo por unha gran orquestra sinfónica formada por dúas orquestras e un gran coro”.

La Fura Dels Baus no Auditorio Mar de Vigo / Miguel Núñez

Un cilindro de dez metros de diámetro envolve á orquestra sobre o escenario á vez que unhas imaxes, proxectadas sobre el, ilustran a obra. Unha lúa xigante, o desxeo, fervenzas de auga, éxtase floral, unha vendima en directo, viño, auga e lume. Preto de 100.000 espectadores gozaron xa deste espectáculo en Europa, Asia e Sudamérica.

La Fura Dels Baus no Auditorio Mar de Vigo / Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...