InicioDeportesO Celta, en terceira posición da Liga apostando pola xuventude: funcionará esta...

O Celta, en terceira posición da Liga apostando pola xuventude: funcionará esta estratexia?

O Celta vai terceiro co equipo máis novo da Liga (empatado coa Real Sociedad) e só o 10º máis valorado no mercado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Real Club Celta de Vigo chegou a estar primeiro despois de vencer ao Atlético de Madrid. Agora, cando só resta o Athletic-Rayo Vallecano por disputarse da terceira xornada da Liga Santander, o equipo vigués mantense na terceira praza.

Pero o máis ilusionante do proxecto celeste non é tanto a clasificación, aínda moi tempraneira, nin o partidazo deste sábado, dos mellores que se recordan en Balaídos, nin o gran papel que están a xogar as novas incorporacións.

Senón que, por diante de todo, o Celta aposta pola xuventude, e ten o equipo máis novo da Liga Santander, empatado coa Real Sociedad, cunha media de idade de 25,4 anos.

De feito, o valor de mercado do equipo celeste é o décimo da competición, mais podería subir fortemente se estes novos valores melloran as súas prestacións e non abandonan aínda a entidade celeste.

Celta- Espanyol/ Liga Santander

A media de idade entre tódolos equipos da Liga Santander é de 27 anos. A de presuposto, 507 millones de euros. Destacan o valor de mercado de Huesca e Valladolid, que apenas supera os 31 millóns, e o do Barcelona, moi por riba dos dous equipos madrileños con 1.140 millóns de euros.

Noutras palabras, o equipo de Valverde “vale” case 37 veces o que o Huesca, o que trae de novo o debate da desigualdade presupuestaria nesta competición.O xogador medio do Barça ten un valor de mercado de 49,7 millóns de euros, máis que todo o equipo do Eibar.

Por último, os máis vellos da Liga son os xogadores do Villareal, cunha media de idade de 29 anos.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...