InicioSucesosArde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de...

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

O incendio produciuse de madrugada nun garaxe anexo ao edificio de Industriais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus da UVigo en Lagoas-Marcosende, arrasou por completo un vehículo desenvolto polos estudantes.

Tal e como informou o 112 Galicia un particular deu o aviso ao redor das 1:55 horas da madrugada de que estaba a arder un garaxe anexo ao edificio de industriais. Ata alí desprazáronse os Bombeiros de Vigo, a Policía Nacional e a Policía Local. Os bombeiros lograron extinguir o incendio, que non se chegou a propagar ao edificio.

Así mesmo, puideron confirmar que o que ardeu foi un prototipo dun vehículo feito polos estudantes. Non houbo ningunha persoa ferida no suceso.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...