InicioCulturaVigo, lugar de nacemento do primeiro disco de theremin gravado en Galicia

Vigo, lugar de nacemento do primeiro disco de theremin gravado en Galicia

PUBLICADO O

Modulador de Ondas é o nome do proxecto en solitario do compositor, thereminista e guitarrista Paulo Pascual. E “Planeta Theremin” o nome do seu disco de longa duración, que sairá á luz en outubro e pode entenderse como o primeiro álbum dun thereminista gravado en Galicia. Pascual conta cun taller en Vigo no que tenta achegar este instrumento a máis músicos.

O theremin é o único instrumento que se toca sen tocar, “dun xeito case máxico e que responde a un funcionamento radicalmente distinto ao resto. É electromagnetismo, electrónica do pasado que viaxa sobre o noso mundo ao futuro”.

Neste traballo, o músico dá renda solta a súa necesidade expresiva. As melodías, armonías e sons fluiron polo aire de cada tema durante a composición sen prestar atención a condicionantes estilísticos. Tratáse dun album autoeditado; gravado e mesturado por Alber Costas en agosto de 2018 en Vigo.

Como adianto de este disco que saldrá á luz en outubro, Modulador de Ondas vén de publicar un vídeo na rede dun dos temas incluídos no mesmo: ”Cefalú”. Non hai precedentes en España ou Portugal dun traballo similar en canto ao tratamento melódico combinado cun chelo e unha guitarra.

Nesta ocasión, a colaboración estivo a cargo da chelista Macarena Montesinos. O vídeo gravouse en Alcabre, Vigo, e foi rexistrado e editado por Jose Aragunde.


A principios de 2017, Paulo Pascual iniciou un camiño en solitario tras formar parte de múltiples proxectos grupais. Propúxose crear un repertorio propio nun par de meses e desenvolveu un xeito totalmente autónomo de levalo ao directo, para o que utilizou unha combinación de instrumentos que non conta con precedentes levada a cabo por un só músico: theremin e guitarra eléctrica.

Estes foron os dous únicos instrumentos cos que ofreceu máis de 30 actuacións durante ese ano. Intercalouno con sesións de cinema musicado en directo e obradoiros de achegamento ao theremin, unha  labor divulgativa que combina coas súas clases de theremin.

Asegura ser a única persona que fai isto en Galicia, e con isto busca que o número de intérpretes se multiplique e formar “comunidade” para compartir experiencias e coñecementos, e avanzar no pracer de facer música acariciñando o espazo de radio de acción das dúas antenas. Para isto, pasa o seu tempo nun taller-estudio en Vigo chamado Planeta Theremin, lugar de traballo e punto de encontro entre thereministas.

A súa liña de traballo foi recoñecida recentemente polo directorio internacional de Theremin Today, web rusa administrada polo neto do inventor do instrumento, Peter Theremin, onde figuran os thereministas actuais con maior proxección do mundo.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...