InicioEconomíaO Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo segue batendo marcas

A terminal olívica rexistrou incrementos en granito en bruto (+41,93 % en marzo, aínda que o acumulado trimestral é negativo), metais e as súas manufacturas (+45,29 % en marzo e +3,88 % no trimestre), froita (+1,85 % mensual e +4,48 % trimestral) ou pesca conxelada (+13,93 % mensual e +2,83 % trimestral).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de tráfico de mercadorías, con 1,2 millóns de toneladas acumuladas e 444.336 toneladas no mes de marzo, segundo explicou este venres en rolda de prensa o seu presidente, Carlos Botana. No que respecta a mercadoría xeral (sen incluír graneis), a subida mensual foi do 24,9 % e a acumulada do trimestre alcanzou un 17,55 %. Así, as cifras foron positivas tanto en tráfico ro-ro, como en movementos de colectores e mercadoría convencional.

A terminal de colectores alcanzou a marca de 22.607 TEUs en marzo, un 27 % máis, e os movementos creceron un 15 % no total do trimestre. Ademais, o Porto prevé mellorar as cifras, coa posta en marcha desde o pasado 14 de abril da nova liña de Hapag-Lloyd coa costa oeste e leste de Sudamérica.

Con respecto ás principais mercadorías, a terminal olívica rexistrou incrementos en granito en bruto (+41,93 % en marzo, aínda que o acumulado trimestral é negativo), metais e as súas manufacturas (+45,29 % en marzo e +3,88 % no trimestre), froita (+1,85 % mensual e +4,48 % trimestral) ou pesca conxelada (+13,93 % mensual e +2,83 % trimestral).

No caso dos automóbiles, en marzo deixáronse notar as paradas da factoría de Stellantis, e o tráfico descendeu un 4,95 %, pero os datos trimestrais reflicten un incremento acumulado do 20,8 %. Mentres, a pesca fresca experimentou un descenso do 25,1 % en marzo (e unha baixada do 7,59 % con respecto ao mesmo trimestre do ano pasado); os aceites de peixe baixaron un 74,63 % mensual e o cemento tamén foi outra mercadoría con números negativos en marzo (-27,15 %).

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...