InicioSociedadeZona Franca constrúe unha nova varanda na pasarela de A Laxe que...

Zona Franca constrúe unha nova varanda na pasarela de A Laxe que “respecta a visibilidade da ría”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tal e como xa adiantara o delegado da Zona Franca, David Regades, o pasado 30 de xullo, esta institución iniciou as obras de mellora e modernización do Centro Comercial A laxe, construíndo unha varanda na pasarela que une A Laxe coa “zona histórica” da cidade.

A varanda, trazada a ambos os dous lados da pasarela de 45 metros de lonxitude,
deseñouse seguindo o marcado carácter horizontal da fachada do edificio utilizando materiais xa existentes (aceiro lacado en negro) e en “clara consonancia coa contorna do Casco Vello”.

“O deseño proxectado respectou en todo momento a visibilidade sobre a ría e a súa contorna, ao ser este un dos valores máis destacados do paseo pola pasarela”, aseguran. Os traballos iniciáronse este xoves, e a finalización está prevista para mediados da próxima semana. O custo da obra ascende a un total de 26.500 euros.

“Con esta instalación, queda garantida a seguridade dos viandantes así como
a integración da nova intervención dentro do conxunto que conforman o Centro Comercial e o Casco Vello de Vigo”, subliñan desde a Zona Franca.

ÚLTIMAS

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...

Estudantes da UVigo levan ao espazo un experimento para probar cámaras e sensores de radiación

Estudantes da Universidade de Vigo integrados na asociación UVigo SpaceLab conseguiron poñer en órbita o experimento CORTIS, unha...