InicioDeportesO equipo de vela da UVigo participará no Campionato do Mundo Universitario

O equipo de vela da UVigo participará no Campionato do Mundo Universitario

PUBLICADO O

O equipo de vela da Universidade de Vigo representará a España no Campionato do Mundo Universitario de Vela (FISU 2018) que se celebra en Cherbourg, Francia, dende este sábado 1 ata o mércores 5 de setembro.

O equipo vigués acadou a clasificación ao proclamarse subcampión nacional universitario o pasado mes de maio en Calpe (Alacante). Pero non será o único barco galego na competición mundial, xa que a Universidade de Coruña tamén participa como campioa universitaria estatal.

Para a Universidade de Vigo esta é a primeira participación no mundial de vela, unha competición que non se celebra todos os anos. De feito, o adestrador do equipo, Hugo Fernández, lembra que “a prata no campionato de España foi un dos mellores resultados obtidos pola Universidade de Vigo ao longo da historia”.

O equipo está formado por Alberto Basadre, Pedro Martínez, Rodrigo Rodríguez e Kevin Figueiras como membros da tripulación. Competirán en embarcacións J80 contra países como Corea do Sur, Austria, Xapón, Italia, Singapur, Australia, Holanda, China e Francia.

Como explica o adestrador, o formato da competición abrangue un total de cinco días de regatas, de maneira que os días 1, 2 e 3 están reservados para a fase clasificatoria, e o 4 e 5 para as fases finais co grupo ouro e prata.

A cita mundialista arranca mañá sábado e os estudantes vigueses competirán xunto cos compañeiros da UDC, “polo que trataremos de demostrar o gran nivel galego neste deporte”. Respecto das expectativas para esta cita, o adestrador recoñece que non teñen moita información sobre o nivel dos outros equipos, “sabemos que participarán 40 universidades de todo o mundo e quizais os rivais máis fortes sexan Francia e Italia, pero tamén poderían darnos unha sorpresa algún dos países asiáticos como Xapón”.

A pesar das incertezas, explica que o obxectivo é poder clasificarnos no grupo ouro, primeiramente, e despois na fase final poder loitar por un posto de podio”, conclúe.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...