InicioSociedadeOs medios e as redes sociais, acusados de "dulcificar" a obesidade: "A...

Os medios e as redes sociais, acusados de “dulcificar” a obesidade: “A gordura mata”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O doutor Ramón Mantilla González, da clínica de cardioloxía e rehabilitación cardíaca Corazón Azul, en Vigo, sostén que o problema da obesidade está a ser tapado polo infantilismo da “ditadura” do pensamento políticamente correcto, cando en realidade “mata máis que o tabaco”.

Este médico vigués determinou que practicamente a metade dos seus pacientes que superan os 50 anos de idade teñen unha orixe común nas súas patoloxías cardíacas: o sobrepeso.

Debido a como afecta á resistencia hormonal da insulina, a obesidade pode derivar en hipertensión arterial, diabetes e hipercolesterolemia, e estas á súa vez noutros inconvenientes aínda máis graves, como un infarto ou a perda de funcións cardíacas.

Demostrouse que os pacientes con obesidade significativa, é dicir, con índice de masa corporal (IMC) superior a 30, presentan unha perda importante de esperanza de vida, entre 5 e 10 anos de media, fundamentalmente polas complicacións vasculares precoces que presentan.

Corazón/ Photopin

Polo tanto, subliña o doutor, “a gordura mata e a sociedade non está preparada para admitilo. As redes sociais, a publicidade e os medios de comunicación non tratan coa dureza que merece un problema que afecta a unha de cada tres persoas adultas do primeiro mundo”.

“É por iso que os individuos que padecen obesidade prefiren vivir con iso. Pasan por alto as súas limitacións e ignoran que supoñen unha carga sanitaria e económica para os demais. O sobrepeso só se converte nunha preocupación real cando se transforma nun problema grave de saúde”, denuncia.

Dr. Ramón Mantilla González/ Corazón Azul

A obesidade mátanos. O único que facemos os cardiólogos é aumentar a medicación cando o que deberiamos facer é atallar o problema de raíz“, explica o doutor Ramón Mantilla, que considera que a gordura alcanzou o grado de epidemia, máis aló: “É unha pandemia a nivel mundial”.

Con todo, o responsable da clínica Corazón Azul topouse cun “muro” á hora de transmitir esta mensaxe: “Queremos dicir as cousas claras: a gordura mata. Pero isto non é vendible. Non para as redes sociais ou para algúns medios de comunicación”. Segundo advirte o doutor Mantilla, “esta mensaxe percíbese como unha atrocidade cando é unha realidade”.

Corazón/ Jordi Cucurull, Photopin

O que si nos gusta escoitar é que temos tendas de roupa especializadas en tallas grandes, vacacións en sitios ideais onde non nos temos que mover… Estamos favorecendo estas políticas e endulzando o problema da gordura”, denuncia o cardiólogo.

Ademais, subliña que “está mal visto atacar á obesidade. Facebook non nos deixa dicir gordos, oculta ese tipo de palabras”. O douctor defende que as redes sociais penalizan este tipo de comunicación negativa cara á gordura. Non lle dan visibilidade, ao valorala como ofensiva.

Engade ademais que a obesidade, ademais de ser un problema grave de saúde, “ten outras consecuencias negativas, tanto para o individuo como para a sociedade na que vive. En primeiro lugar, unha persoa obesa está limitada de xeito funcional no seu día a día, ata no plano sexual, e tamén se atopa con trabas laborais debido a que a súa sobrepeso xera rexeitamento e unha minusvalía”.

No referente á sociedade, “a xente que padece obesidade é unha carga para os sistemas sanitarios e polo tanto unha carga económica para as institucións. A gordura xera xente que non está sa en idade laboral”, recorda.

Infarto, “El Parietal Derecho”/ Cristina, Photopin

“Isto hai que dicilo claro ou non se mitigará o problema. Fai décadas pasou co tabaco, ata que por fin se puxo claro que fumar mata. Isto é o que fai falta para o sobrepeso. A gordura está matando e estao facendo con maior incidencia que o tabaco“, recoñece o Dr. Mantilla.

“Perdeuse o hábito do exercicio. O que vive nun edificio de tres plantas vai en ascensor e nós tratamos de inculcar que hai que subir e baixar polas escaleiras. Se o facemos catro veces ao día, xa son 100 calorías. Queremos recuperar unha parte da nosa forma de vida anterior, previa ao sedentarismo, que nos esixía facer exercicio”, comenta o doutor.

“A xente ten que espertar. Á clínica chegan os enfermos que xa están na cola do autobús da obesidade. Veñen logo de infartos, úlceras… Non se preocupan ata que chegan a un punto de non retorno. Co noso programa e co noso xeito de atacar a gordura queremos axudar, algo que nos está custando moito máis do esperado porque transmitimos unha mensaxe que non se quere oír e polo que nos limitan as redes sociais”, conclúe o cardiólogo.

Para intentar cambiar esta situación, Mantilla elaborou o “Plan 90, tres meses para cambiar a túa vida”, un programa médico multidisciplinar de doce semanas no que os pacientes (con índices de masa corporal superiores a 30) realizan exercicio diario tutelado por un médico, un fisioterapeuta e un adestrador persoal.

Un dietista tamén apoia ao paciente durante este tempo. Antes do inicio das sesións de exercicio físico, realízase un electrocardiograma e unha proba de esforzo, para descartar enfermidades vasculares ou valvulares que poidan poñer en risco a práctica deportiva do programa.

Así mesmo, estas probas permiten ao equipo de Corazón Azul coñecer o estado físico do
paciente no punto de partida e pescudar o nivel de esforzo co que pode arrincar
a rutina.

“Con este programa, tratamos de crear o costume de moverse, unha práctica
que se perdeu ata entre a xente nova”, describe o doutor. “Os meus pacientes que se adhiren ao programa están baixando peso, en torno ao 10%. Entre 16 e 29 quilos por persoa. Pero o mellor é que a esta xente lle retornou un certo hábito de realizar
actividade física, e é por isto polo que continúan baixando peso unha vez que terminan en Corazón Azul”, sinala o Dr. Mantilla.

ÚLTIMAS

Vigo sen Bombeiros manifestarase este sábado para volver reclamar máis efectivos tras a morte de Sergio S.D.: “Xa se pagou un prezo moi caro”

A plataforma Vigo sen Bombeiros convocou unha manifestación para este sábado, ás 19.00 horas na Praza...

A Xunta critica ao Concello de Vigo por non poñer buses lanzadeira a Lavacolla

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou este mércores a "resposta...

Entradas para o Galicia-Panamá se doas sangue

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Real Federación Galega de Fútbol volverán desenvolver...

Adxudicado pola vía de emerxencia o servizo de transporte sanitario urxente da área a Emerxencias Sanitarias-Saluser

A Xunta, a través da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, adxudicou o servizo de transporte sanitario...