InicioVigo e contornaVigoA UVigo, á avangarda na investigación de satélites

A UVigo, á avangarda na investigación de satélites

Un investigador da UVigo lidera un proxecto europeo para mellorar as comunicacións por satélite.

PUBLICADO O

- Advertisement -

OO investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo (atlanTTic), Francisco Díaz, dirixirá nos próximos catro anos un proxecto europeo para mellorar o funcionamento e a comunicación dos satélites empregando microondas fotónicas.

Tal como informou a UVigo, Díaz formará aos futuros especialistas nesta tecnoloxía na que existe “unha gran demanda na industria aeroespacial”. O profesor é un dos máis importantes investigadores en fotónica integrada e este novo proxecto Marie Curie dentro do programa Horizonte Europa da Unión Europea é o terceiro que dirixe.

En concreto, o nome que recibe o programa é MicroWave Photonic Technologies for Communications and Sensing Applications in Space e nel Díaz encargarase de formar á futura xeración de especialistas en dispositivos e sistemas integrados empregando microondas fotónicas no ámbito aeroespacial.

“Trátase dun programa de formación que permitirá crear unha rede de profesionais capaces de atender os retos dunha tecnoloxía como son os microondas fotónicas integradas cunha gran demanda na industria aeroespacial”, aclarou o investigador, que indicou que ao estar integradas nun chip “teñen menor tamaño, peso e consomen menos que o equipamento de satélite que existe na actualidade”.

Tal como engadiu, estas ondas integran múltiples funcionalidades nun só chip e teñen un maior rendemento, o que facilitará a creación de novos sensores para a observación da Terra e comunicacións entre satélites e o planeta.

“Destas vantaxes obteremos beneficios para os usuarios finais en forma de mellores sistemas de localización, comunicacións máis avanzadas, mellores modelos de clima ou predición de modelos da Terra”, sentenciou Díaz.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...