InicioVigo e contornaVigoFalece un veciño de Candeán mentres traballaba na súa leira

Falece un veciño de Candeán mentres traballaba na súa leira

As primeiras hipóteses apuntan a unha morte natural.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un veciño de Vigo faleceu nunha leira particular da súa propiedade na parroquia de Candeán cando traballaba nunhas colmeas, aínda que fontes policiais precisaron que todo apunta a unha morte natural.

Os feitos ocorreron na noite deste luns, cando foi mobilizado o 061 para acudir á leira. O persoal sanitario non puido acceder debido á proximidade do home ás colmeas, xa que non dispoñía do equipamento adecuado, por iso, desde o 112 Galicia, deuse aviso aos bombeiros de Vigo, que puideron entrar coa vestimenta adecuada para recoller o corpo.

Así mesmo, tamén se alertou á Policía Nacional, que informou de que a principal hipótese é que o home, duns 60 anos, falecería por causas naturais. Cando foi localizado, levaba vestida roupa de protección para traballar nas colmeas.

ÚLTIMAS

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...