InicioSucesosA Policía Local atopa ao veciño de Cabral que tirara cans vivos...

A Policía Local atopa ao veciño de Cabral que tirara cans vivos ao contedor nunha bolsa de lixo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo descobreu, uns días despois de atopar cachorros abandonados nun contedor do lixo, ao culpable deste feito, a pesar de que nun primeiro momento negou os feitos.

O pasado día 16 de agosto de 2018, axentes da Sección UMIR da Policía Local de Vigo foron alertados de que na zona de Cabral arroxaran varios cachorros de can ao interior dun contedor do lixo.

abandonados nunha bolsa cerrada, un deles xa morrera

A alerta do suceso foi dada por unha cidadá que, cando se dispoñía a depositar lixo nun contedor, escoitou o choro duns animais, comprobando que nunha bolsa que arroxaran ao interior, e que estaba chea de excrementos; atopábanse tres cachorros de can recentemente nados. Dous deles estaban aínda vivos e un terceiro morrera.

Pasouse o correspondente aviso, co obxecto de que recollesen os cachorros e os trasladaran á protectora. Pola súa banda, os Axentes iniciaron actuacións para localizar ao presunto autor ou autores do feito; actuacións que por outra banda se prolongaron uns días. As xestións policiais deron o seu froito o día 18 de agosto.

Estableceuse un perímetro de estudo e procura de datos, localizando unha vivenda nas
proximidades do contedor onde foran arroxados os cachorros; vivenda na que e a xulgar polos ladridos que fóra se escoitaban, parecía haber cans.

Os Policías entrevistáronse co morador da casa, un varón de 48 anos, quen dixo que
efectivamente tiña varios cans, pero ningunha cadela que tivera cachorros recentemente.
Permitiu aos Axentes inspeccionar o lugar, mostrando un can macho na parte traseira da
casa.

Noutro lugar pechado, os policías localizaron a unha cadela e a dous cachorros duns dous días de vida. A cor e tamaño dos cachorros que estaban coa súa nai se asemellaban aos dos atopados.

Nun primeiro momento, o morador da vivenda negou arroxar aos cachorros ao
contedor, aínda que finalmente recoñeceu que si, sendo informado das actuacións que se seguirían. Dos feitos deuse conta á Autoridade Xudicial, xa que poderían ser constitutivos dun presunto delito de maltrato animal.

ÚLTIMAS

A Xunta pídelle a Caballero que evite “confrontacións estériles” sobre o Mundial

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta ao alcalde de Vigo, Abel...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...