InicioVigo e contornaVigoErguer conquista a representación estudantil no claustro da UVigo

Erguer conquista a representación estudantil no claustro da UVigo

Troca así na forza maioritaria nos seus tres campus.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A plataforma estudantil independentistas Erguer constitúese como a primeira forza organizada no espazo reservado a estudantes do claustro da Universidade de Vigo. Así o vén de comunicar a propia organización tras as eleccións ao claustro celebrados o pasado mércores 4 de maio. Segundo explican as mesmas fontes, os comicios partían “dun contexto complexo, pois nas anteriores eleccións, o 50% dos postos de estudantes no claustro ficaron baleiros. Desde Erguer, declaran “entendiamos que a nosa organización debía servir como motor dunha candidatura amplia, que buscase reverter esta participación”.

Así, despois de varios meses de preparación, o sindicato vén de se erguer –precisamente– como primeira forza da UVigo e, segundo explican, dos tres campus de Galicia, xa que conta cunha represión do 42% nos claustros. Tal representación servirá para levar a cabo as liñas de proxecto, que definen como segue: “asumíamos os seguintes cometidos: ampliar a participación, marcar unha clara liña combativa e defender os valores polos que existimos desde a autoorganización das estudantes, non só dentro dos órganos universitarios.”

“Queremos agradecer a todas as compañeiras que depositaron a súa confianza en nós e no noso proxecto. Non vos fallaremos.”, indican desde a organización tras uns comicios nos que os postos baleiros se reduciron de 37 a 12, un 16% do total. “Non entendemos isto como unha victoria sen melloras, pois calquera posibilidade de participación non aproveitada segue sendo unha derrota”, trasladan.

Desde a organización valoran positivamente o efecto electoral, mais non buscan quedarse nos resultados. “Unha organización estudantil voltou protagonizar o traballo a pé de aula, desde a base, creando a única e alternativa real: o activismo e traballo solidario entre compañeiras.” Ademais consideran que “os valores de participación das estudantes, de 4,75% son preocupantes, e recórdannos todo o traballo que nos queda por facer. E seguimos adiante a pesar das presións que recibimos desde o primeiro momento.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...