InicioSucesosCronoloxía completa do conflito político e a investigación tralo accidente do Marisquiño

Cronoloxía completa do conflito político e a investigación tralo accidente do Marisquiño

PUBLICADO O

- Advertisement -

O acontecido o pasado domingo no Marisquiño, resultando feridas máis de 400 persoas, está a provocar consecuencias políticas moi diversas, mentres que a policía científica e a xudicial están traballando para esclareceu o que realmente aconteceu.

Tanto o Concello de Vigo como o Porto e o organizador do evento teñen que presentar diferente documentación para demostrar que cumprían un plan de seguridade. Tanto os motivos do afundimento do peirao como as responsabilidades non parecen claras polo momento. O xulgado decidiu abrir unha peza separada por cada un dos prexudicados.

Mentres tanto, a zona permanece precintada, e infografistas e enxeñeiros estudan a situación actual do peirao, material que se porá a disposición dos xulgados.

Persoas son atendidas logo do accidente no concerto do Marisquiño / Miguel Núñez

En Marea e o BNG,ademais de criticar o intercambio de acusacións entre Autoridade Portuaria e Concello, piden a comparecencia de María Ornella (presidenta de Portos do Estado) no Congreso, para que responda as preguntas sobre o afundimento do peirao.

Desde En Marea acusan a PP e PSOE de “utilizar as institucións como feudos partidarios” e denuncian a posibilidade de “pactos que oculten as responsabilidades”.

O BNG pediu, ademais, unha aclaración de por que se decidiu celebrar un evento multitudinario nunha zona que xa sufrira “advertencias reireradas”. E recordou que a Lei de Espectáculos atribúe aos concellos a función de avaliar os espazos que se van a utilizar, así como tamén preguntou a Feijóo se continúa a proporcionar o seu total apoio ao presidente do porto de Vigo, López Veiga, nomeado polo presidente da Xunta.

Forte presencia policial no lugar dos feitos/ Miguel Núñez

Dende o PSOE, a socialista Noela Blanco defendeu “que hai que esperar a que todos os afectados estean nos seus fogares” antes de falar de responsabilidade e atribuílas.

CRONOLOXÍA

18:00 En Marea reclama a presencia da presidenta de Portos do Estado para aclarar cales son as responsabilidades deste ente sobre o ocorrido en Vigo.

17:40 O programador de eventos Alfonso Vilanova, un dos organizadores do festival Armadiña Rock, sinalou que “alguén terá que depurar nalgún momento” as “consecuencias” que se deriven do accidente ocorrido na clausura do Marisquiño.

40. A Xunta de Galicia constatou que, no rexistro electrónico oficial de plans de autoprotección da Dirección Xeral de Emerxencias, “non hai constancia da inscrición do plan de seguridade correspondente á organización do Marisquiño, a pesar de ser un dos requisitos legais para obter a licenza por parte do Concello de Vigo”

15.00. O grupo municipal Marea de Vigo rexistrou este martes unha petición para que se cre unha comisión de investigación sobre o accidente e reclamou ao goberno municipal que achegue toda a documentación sobre os plans de seguridade do evento.

14.50. O grupo municipal do PP no Concello de Vigo volveu a reclamar este martes “todo o expediente” sobre a celebración do festival O Marisquiño, e esixiu ao alcalde, Abel Caballero, que faga público o informe porque “se non existe, o alcalde ten que marchar”.

O peirao, tralo accidente do Marisquiño/ Miguel Núñez

14.28. En Marea e BNG censuran o “lamentable espectáculo” ofrecido polo Concello e o Porto de Vigo co seu enfrontamento polo accidente, mentres que o PSdeG pediu “respectar os tempos” e a “investigación xudicial” aberta para aclarar o ocorrido.

14.15. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en que o Concello cumpriu os requisitos legais para autorizar a celebración do concerto do Marisquiño e sinalou que, días antes do festival, houbo unha reunión con presenza de bombeiros, Policía e técnicos, sen que ninguén puxese ningunha “obxección” á seguridade.

13.50 A titular do Xulgado de Instrución número 3 de Vigo acordou que tanto policía científica como xudicial realicen “as tarefas necesarias para o esclarecemento” do accidente na clausura do festival O Marisquiño.

Os medios de comunicación, no lugar dos feitos/ Miguel Núñez

11.50. A Consellería de Sanidade confirmou que se eleva a 8 o número de persoas hospitalizadas (unha máis que no último parte) após o derrube de parte dunha dársena no Porto de Vigo, durante a celebración dun concerto do festival O Marisquiño.

11.05. A Xunta tamén ataca ao Concello de Vigo polo acciente no concerto do Marisquiño. Alfonso Rueda destaca que é o Concello o que “podía dicir que non se celebrase a actividade e dixo que si”, ao conceder a licenza aos organizadores do evento.

10.59. O Porto de Vigo insiste en botarlle a culpa do accidente de Vigo a concello e organizadores. “Creo que o importante é investigar o que pasou e repartir responsabilidades. É evidente que tamén a teñen os propios organizadores, o único que fai o porto é pór o terreo”, asegura o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga.

Marisquiño / Miguel Nuñez

19.40. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, incidiu este luns en que a zona do paseo marítimo que se afundiu durante a celebración do concerto estaba asentada sobre unha estrutura de formigón antiga, mesmo anterior ao proxecto ‘Abrir Vigo ao Mar’, e que, ademais, é allea ao convenio asinado entre Porto e Concello en 1992 para o mantemento de zonas de confluencia entre o Porto e a cidade.

18.20. A portavoz municipal do PP, Elena Muñoz, afirmou que “todo Vigo sabe como estaba ese paseo” cuxo derrube provocou máis de 300 feridos durante o último concerto do festival O Marisquiño, ante o que esixiu “respostas” ao alcalde e “máxima transparencia” ao goberno local.

17.30. A Autoridade Portuaria de Vigo asegurou que, aínda que a titularidade do espazo no que se produciu o derrube durante os concertos do Marisquiño correspóndelle, a “autorización e vixilancia” dun evento destas características recae no Concello.

Operativo de Emerxencias no accidente do Marisquiño / Miguel Núñez

15.00. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reclamou este luns explicacións e información “sen ningún tipo de andrómenas”, tanto a Concello como a Porto de Vigo, tras o colapso de parte dun paseo no porto deportivo, no que se estaba celebrando un concerto con motivo do festival O Marisquiño.

13.53. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegura que “tempo haberá” para investigar e, “se había algunha responsabilidade, determinala”. Apunta, ademais, que “constaba algún aviso” sobre que a infraestrutura “non estaba en bo estado”.

13.20. O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, agradeceu a “resposta magnífica” do persoal público que “desde o primeiro momento acudiu a auxiliar” aos accidentados no festival do Marisquiño, así como a da xente que estaba nas inmediacións e “botou unha man”.

Persoas son atendidas logo do accidente no concerto do Marisquiño / Miguel Núñez

13.15. O cantante Rels B (Daniel Vidal), que se atopaba actuando no momento do derrube este domingo ocorrido no festival ‘O Marisquiño’, expresou o seu pesar polo ocorrido e enviou as súas condolencias aos máis de 300 feridos.

13. 10. O presidente de Ciudadanos, Albert Rivera, expresou a través de Twitter o seu apoio aos máis de 300 feridos do concerto do festival ‘O Marisquiño’

12.50. Os deputados e deputadas de En Marea, no Parlamento e no Congreso, e os concelleiros de Marea de Vigo solidarízanse cos afectados, recoñecen o traballo do servizo sanitario e forzas de seguridade e emerxencia e piden responsabilidades ao Concello e ao Porto de Vigo polo acontecido.

Así quedou a estrutura no accidente do Marisquiño / Miguel Núñez

12.14. O deputado do PSdeG Julio Torrado mostrou o seu “afecto e apoio” aos feridos nun dos concertos do Marisquiño, aos que desexa unha “pronta e moi boa recuperación”.

12.05. O equipo de comunicación do Festival O Mariquiño vén de publicar, 12 horas despois do accidente, un comunicado sobre o acontecido na súa tráxica última xornada. Nel, lamentan profundamente o accidente da pasada noite “e solidarízanse con todos os feridos e os seus familiares, que agora mesmo son a prioridade absoluta para todos”, subliñan.

12.00 O deputado do BNG Xosé Luís Rivas, Mini, mostrou o seu “apoio e solidariedade” aos feridos que asistían a un concerto do festival O Marisquiño, en Vigo, á vez que reclama “investigar as causas” e “analizar o ocorrido”.

Así quedou a estrutura do Porto de Vigo tras o accidente do Marisquiño / Miguel Núñez

11.37. O xefe do Executivo español, Pedro Sánchez, publicou na mañá deste luns, ás 10.48 horas, unha mensaxe solidaria dirixida aos feridos e de recoñecemento aos equipos de emerxencias.

 

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...