InicioPolíticaEn Marea sinala o enfrontamento entre a autoridade portuaria e o Concello...

En Marea sinala o enfrontamento entre a autoridade portuaria e o Concello de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os deputados e deputadas de En Marea, no Parlamento e no Congreso, e os concelleiros de Marea de Vigo quixeron manifestar publicamente o seu apoio e solidariedade a todas as vítimas e as súas familias do sinistro no paseo marítimo no Marisquiño en Vigo, ao tempo de facer un especial recoñecemento ao servizo sanitario e forzas de seguridade e emerxencia, “que actuaron con total prontitude e disposición”.

Desde o grupo parlamentario de En Marea, o seu voceiro, Luís Villares, salientou o bo facer “das e dos profesionais que foron quen de dar resposta a catástrofe a pesares de que, no caso do centro hospitalario do Álvaro Cunqueiro, non contan cun plan de catástrofes e incidencias de múltiples vítimas tal e como ten denunciado en reiteradas ocasións En Marea no Parlamento”.

Por outra banda, máis alá das disputas entre as administracións en referencia ao mantemento do paseo marítimo onde aconteceu o sinistro, En Marea e Marea de Vigo coinciden en sinalar a responsabilidade tanto da Autoridade portuaria como do Concello de Vigo de ter arranxado esta cuestión con anterioridade e non levar 20 anos de enfrontamento entre administracións, así como de Portos do Estado.

Así quedou a estrutura no accidente do Marisquiño / Miguel Núñez

“Estas administracións tiña que ter atendido as súas responsabilidades e se non tiñan claro de quen dependía o mantemento, terían que ter acudido aos xulgados para aclarar a situación” sinalaron tanto o voceiro de En Marea, Luís Villares, e o de Marea de Vigo, Rubén Pérez.

Tanto o grupo de En Marea no Parlamento como no Congreso, e o grupo municipal Marea de Vigo inciden no feito de que a policía científica está a traballar para esclarecer o suceso, polo que hoxe é o día de apoiar ás familias.

Os distintos grupos aseguran ademais que se esixirán as responsabilidades que correspondan unha vez se teñan datos confirmados, co fin de erradicar este tipo de prácticas e baleiros de actuación.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...