InicioMedio Ambiente e Patrimonio"Le Monde" eloxia desde Francia o "encanto salvaxe" das Illas Cíes

“Le Monde” eloxia desde Francia o “encanto salvaxe” das Illas Cíes

PUBLICADO O

Que esquezan as “Virgin Islands” no mar Caribe porque non é preciso coller un avión intercontinental “para xogar a ser Robinson Crusoe”. A descuberta é en barco, rumbo ás Illas Cíes, traxectoria atlántica. Así é como mira o xornal Le Monde ás Illas Cíes, como aquel “ecosistema fráxil” con “encanto salvaxe” e “area fina” que foi tamén “refuxio para piratas”.

O artigo, escrito polo correspondente Sandrine Morel, pon en valor a non masificación deste “paraíso” ao explicar que as autoridades locais limitan o acceso a 2.200 persoas por día. Porque, sinala, “as illas Cíes non teñen habitantes”. E tampouco “electricidade ou coches que perturben o seu encanto”. Pero teñen golfiños, dunas, gaivotas, rutas de piñeiros e eucaliptos, rochas de montaña, toxo… E tres restaurantes “un pouco decadentes e nada fachendosos”.

A publicación tamén ten palabras para a que fora nomeada en 2007 polo diario británico The Guardian como “a praia máis fermosa do mundo”, a tranquila praia de Rodas.

E lembra que as Illas Cíes son tamén as “illas dos deuses”, xa que a lenda local explica como as escuras e bravas augas do Atlántico bateron nas rochas e mudaron a cor cando “Deus decidiu descansar no sétimo día da Creación”.

Pero hai unha diferenza fundamental entre as augas cristalinas do Caribe a as augas galegas. Algo que o artigo cualifica como “o único inconveniente”: estas as nosas augas non son axeitadas para os friorentos.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...