InicioSociedadeOs acusados polo transporte de 88 kg de haxix eluden o cárcere...

Os acusados polo transporte de 88 kg de haxix eluden o cárcere tras admitir os feitos e chegar a un acordo

A xuíza condena aos cinco acusados a penas de entre 1 ano e 7,5/ 11 meses de prisión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os cinco acusados dun delito de tráfico de drogas e un de pertenza a grupo criminal polo transporte de 88 quilogramos de haxix nunha furgoneta desde o sur de España, e que actuaban nos municipios de Vigo e Redondela eludiron a prisión tras chegar a un acordo coa Fiscalía e admitir os feitos polos que eran acusados.

Así, tras ese acordo, a xuíza do Penal número 1 de Vigo leu a sentenza (e declarouna firme) pola que condena aos cinco acusados a penas de entre 1 ano e 7,5 meses e 1 ano e 11 meses de prisión. Así mesmo, impuxo a cada un deles multa de 250.000 euros.

Na resolución aplicáronse as circunstancias atenuantes de confesión e dilacións indebidas. A execución da pena quedou suspendida por 2 anos, coa condición de que os procesados non delincan nese tempo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...