InicioSociedadeCaballero celebra o novo papel principal dos concellos na loita contra a...

Caballero celebra o novo papel principal dos concellos na loita contra a violencia de xénero

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde vigués, Abel Caballero, reuniuse este mércores no seu rol de Presidente da Federación de Municipios e Provincias (FEMP) coa vicepresidenta do Goberno e Ministra de Igualdade, Carmen Calvo, para tratar un tema, como el mesmo valorou, “da maior importancia”, a presenza dos Concellos tanto na loita contra a violencia de xénero como na atención ás vítimas da violencia de xénero.

Esta delegación de funcións fundaméntase “nun Pacto aprobado pola maior parte das forzas políticas e liderado polo PSOE, no que o Estado se compromete a apoiar os concellos na loita contra a violencia de xénero”, aclarou Caballero.

Engadiu ademais o presidente da FEMP que “este pacto, desde que se firmou ata agora pasaron moitos meses… Ata que chegou o goberno actual estivo practicamente conxelado. O goberno anterior non tivo ningún interese en desenrolaralo. Solamente cuando chega Pedro Sánchez se produce unha reactivación”.

“Hai unhas novidades importantísimas, que están case no marco do revolucionario, a favor dos concellos. Devólvese aos concellos as competencias na loita contra a violencia de xénero, a actuación preventiva e a atención ás vítimas. Isto é da maior importancia”, considerou o rexedor vigués.

Caballero e Carmen Calvo/ PSOE

“Por primeira vez nos últimos 5 anos, recuperamos competencias nun área tan importante como a loita contra a violencia de xénero. E os concellos queremos ser fundamentais nesta loita. Este é un cambio de enfoque que comparto ao cen por cen. Facer que a primeira liña de atención ás mulleres vítimas e seus fillos sexan os servizos sociais dos concellos“, defendeu.

“O goberno de España pelexa pola autonomía dos concellos, non aceptando a posición das CCAA de que os fondos contra a violencia de xénero sexan para eles. As comunidades pretendían recibir eles todos os fondos do pacto contra a violencia de xénero, todos. E gastalos eles. O goberno transmitiulles que de ningún modo”, celebra o presidente da FEMP.

Porque, segundo Caballero, os concellos “non necesitamos ningunha intermediación, nin moito menos que sexa a comunidade autónoma quen reciba os recursos que nunca chegan aos concellos. A relación directa entre municipios e goberno é importantísima”.

A inversión para evitar a violencia de xénero nos concellos duplícase, e os 20 millóns pasan a ser 40 millóns: “A cifra comeza a ser significativa. Eu quero valorar moito esta decisión do goberno de España, da vicepresidenta e da ministra de Facenda de duplicar a asignación o próximo ano”.

“Todos son avances, e todos son avances importantísimos para o municipalismo. Por eso eu valoro o papel do partido socialista no Pacto contra a Violencia de Xénero, a súa posta en funcionamento… Todo é espléndido”, selou.

 

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...