InicioSociedadeA Xunta investirá 1,7 millóns na humanización da PO-323 en Teis, nas...

A Xunta investirá 1,7 millóns na humanización da PO-323 en Teis, nas inmediacións do IES Leixa

Estableceranse medidas de protección para os peóns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo este luns unha reunión con representantes da Asociación de Veciños de Teis para informar os traballos previstos no marco da primeira fase do proxecto de humanización da PO-323, no tramo comprendido entre o cruzamento desta estrada autonómica coa avenida Mariña Española e o IES Leixa, que consta dun investimento de 1,7 millóns de euros.

Tal como informou o Goberno autonómico nun comunicado, o proxecto consiste en humanizar un tramo duns 500 metros, establecendo medidas de protección aos peóns nun viario con características “moi urbanas”.

“Esta primeira fase da reforma da estrada ten en conta puntos singulares como as cruces con vías que dan acceso ao centro de saúde e á ETEA e a intersección coa Avenida da Mariña”, indicou a Xunta.

A actuación suporá un investimento de 1,7 millóns de euros, cun prazo de execución de 12 meses. Nos próximos días someterase a información pública o proxecto para que todos os interesados poidan facer suxestións.

ÚLTIMAS

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

'María Rita', de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...