InicioMovementos SociaisO Goberno de Vigo impulsará unha declaración institucional en apoio á Global...

O Goberno de Vigo impulsará unha declaración institucional en apoio á Global Sumud Flotilla

O alcalde Abel Caballero anuncia a condena ao comportamento do Estado de Israel tras o rexeitamento inicial dos socialistas a unha proposta semellante presentada polo BNG.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno de Vigo impulsará unha declaración institucional de apoio á Global Sumud Flotilla, que levaba axuda humanitaria á franxa de Gaza e foi “retida, maltratada e, nalgúns casos, torturada”, segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero, nun audio enviado aos medios de comunicación.

Esta noticia chega días despois de que os socialistas rexeitasen a proposta de declaración institucional presentada polo BNG na xunta de portavoces municipal sobre o mesmo tema. Naquel momento, os nacionalistas aseguraran que o PSOE non achegara “ningún argumento” para votar ‘non’ e que só explicaran que eles presentarían a súa propia declaración máis adiante.

Agora, Caballero informou de que no próximo pleno aprobarase unha declaración institucional para “condenar” o comportamento do Estado de Israel, por non deixar que persoas con axuda humanitaria para o “xenocidio” chegasen á franxa de Gaza.

“Queremos darlles o noso apoio e mostrar desde Vigo o noso rexeitamento total a ese comportamento en contra da poboación civil e en contra do xenocidio de Israel contra o pobo Palestino“, sentenciou o rexedor vigués.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...