InicioSucesosTrasladados tres bombeiros e un veciño por inhalación de fume e golpe...

Trasladados tres bombeiros e un veciño por inhalación de fume e golpe de calor debido ao incendio no garaxe en Navia

Outras dúas persoas requiriron tamén a intervención dos equipos sanitarios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres bombeiros e un veciño foron trasladados por inhalación de fume e polo golpe de calor que provocou un incendio nun garaxe da rúa Teixugueiras de Vigo. Ademais, un total de 10 vehículos acabaron calcinados.

Segundo informa o 112 Galicia, os tres operarios tiveron que ser trasladados ao Hospital Povisa de Vigo polos servizos sanitarios, tras verse afectados mentres traballaban na extinción do lume.

Outras dúas persoas requiriron tamén a intervención dos equipos sanitarios. Un deles foi evacuado ao Álvaro Cunqueiro e outra persoa, aínda que non necesitou ser trasladada, foi atendida no mesmo lugar dos feitos polo persoal sanitario.

Aínda que xa foi extinguido, os servizos de emerxencias continúan traballando no punto. O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mantén tamén unha ambulancia medicalizada no lugar, por se fora necesaria novamente a súa intervención.

Tal e como relata o servizo de emerxencias, ao redor das 09,00 horas un particular indicou ao 112 Galicia que vía saír fume polos respiraderos dos garaxes, na rúa Teixugueiras. A partir dese momento, numerosos veciños contactaban co 112 para informar de que había moito fume nas escaleiras do edificio.

Nada máis chegar ao momento e detectar o foco do incendio no garaxe, os profesionais conseguiron apagar o lume e deron indicacións aos veciños de como actuar. Debían permanecer no interior das súas vivendas ata que os operarios finalizasen coas tarefas de ventilación e valoración da situación.

Nestes momentos seguen traballando no lugar dos feitos os bombeiros, o persoal sanitario e os axentes da Policía Local.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...