InicioSociedadeLixeiro alivio da presión hospitalaria en Vigo, que segue a liderar o...

Lixeiro alivio da presión hospitalaria en Vigo, que segue a liderar o aumento de casos Covid

Galicia sitúase ás portas do Nadal con case 16.000 infeccións activas de Covid tras rexistrar máis de 1.300 contaxios por segundo día consecutivo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia comeza a semana de Nadal con 15.856 casos activos de Covid-19, que supoñen medio milleiro máis que o día anterior, tras rexistrarse 1.331 novos contaxios –26 menos que a xornada pasada–. Os pacientes ingresados por este coronavirus aumentan a 292 –dez máis– e a taxa de positividade dispárase ao 18,74 por cento no conxunto da Comunidade galega.

Segundo os datos publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, mantéñense 51 persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –sen cambios– e aumentan a 241 as hospitalizadas noutras unidades –dez máis–, mentres que 15.564 pacientes atópanse en seguimento nos seus domicilios.

A presión hospitalaria aumenta en cinco das sete áreas sanitarias; mantense sen cambios na de Lugo con seis pacientes Covid en UCI e 11 noutras unidades; e alíviase na de Vigo, que rexistra 21 ingresados en críticos –un menos– e 77 noutras unidades –dúas menos–.

Polo seu lado, na área de Pontevedra e O Salnés aumentan a nove os ingresados en UCI pola Covid –un máis– e a 45 os hospitalizados noutras unidades –seis máis–, mentres que a de Ferrol segue con tres en críticos e rexistra nove en planta –dúas máis–.

Tamén a área de Santiago e Barbanza segue sen cambios en UCI, cun ingresado, e conta con 21 noutras unidades –dúas máis–, mentres que na da Coruña e Cee mantense sen cambios en canto aos pacientes Covid en críticos –seis– e soben a 27 os doutras unidades –un máis–.

E na área de Ourense continúan cinco pacientes hospitalizados en UCI pola Covid-19 e aumentan a 51 as persoas ingresadas noutras unidades.

CASOS EN AUMENTO

A semana de Nadal comeza con medio milleiro de casos máis de Covid-19 que o día anterior, ao situarse en 15.856 no conxunto de Galicia –508 máis–, ao haber máis contaxios (1.331) que altas (821), ao que se engaden dous falecementos. O luns da semana pasada –o 13 de decembro– as infeccións sumaban 12.221.

As infeccións activas ascenden en seis das sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+231), seguida da de Santiago e Barbanza (+133); Pontevedra e O Salnés (+120), A Coruña e Cee (+43), Lugo (+35) e Ferrol (+12), mentres que na de Ourense descenden (-66).

Por tanto, con máis casos activos mantense a área de Vigo, con 5.211; seguida da de Ourense, con 2.582; Pontevedra e O Salnés, con 2.481; A Coruña e Cee, con 2.372; Santiago e Barbanza, con 1.610; Lugo, con 1.028; e á cola mantense a de Ferrol, con 572.

Segundo os último datos actualizados polo Ministerio de Sanidade na tarde deste pasado venres, 17 de decembro, Galicia conta cunha taxa a 14 días de 511,95 casos por 100.000 habitantes, polo que segue a incidencia lixeiramente por encima da media de España, que está en 511.

MÁIS DE MIL CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 mantéñense por encima dos 1.300 por segunda xornada consecutiva ao situarse en 1.331, que supoñen 26 menos que os 1.357 rexistrados o domingo –que supuxeron a cifra máis alta do que vai de sexta onda–. O luns anterior notificáronse 1.070.

Deste xeito, as persoas contaxiadas en Galicia desde o inicio desta pandemia ascenden a 209.741, das que 47.115 corresponden á área da Coruña e Cee; 46.006 á de Vigo; 29.546, á de Santiago e O Barbanza; 27.300, á de Ourense; 25.103, á de Pontevedra e O Salnés; 21.953, á de Lugo; e 12.758, á de Ferrol.

Desde o inicio desta crise sanitaria, segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, efectuáronse 3.164.562 PCR, que supoñen 7.873 máis que as rexistradas ata a xornada anterior.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test–, comeza esta semana cun repunte ao 18,74 por cento, fronte ao 12,54% do día anterior. Por tanto, mantense por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...