InicioSociedadeVigo continúa a liderar e con moita diferenza o incremento de casos...

Vigo continúa a liderar e con moita diferenza o incremento de casos activos de Covid en Galicia

A área sanitaria existra case 500 contaxios e vive outro aumento de hospitalizados.

PUBLICADO O

A cinco días da Noiteboa, Galicia continúa coa súa escalada de novos contaxios detectados a diario e marca unha nova marca desta sexta onda da pandemia con 1.361. Así, os casos activos xa superan os 15.000 e a presión hospitalaria volve rexistrar un crecemento ata os 282 ingresados, 12 máis.

De acordo cos datos publicados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade, actualizados ata as 18,00 do sábado, hai 231 persoas hospitalizadas en planta en toda Galicia, 10 máis que unha xornada atrás, mentres que outras 51 están en unidades de coidados intensivos (UCI), dúas máis.

Se se observan os datos por áreas sanitarias, o crecemento da presión asistencial nas últimas horas produciuse tan só nas áreas de Vigo, Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras e na Coruña-Cee. No resto mantívose ou, en cambio, baixou, como é o caso de Santiago-Barbanza.

No caso do distrito vigués, os ingresados superan xa a centena e sitúanse en 101 tras crecer en seis nun día. De todos eles, hai 22 en críticos, un máis. No caso da área de Ourense, rexistra 55 hospitalizados con covid (+4), aínda que a UCI mantense con cinco pacientes. Mentres tanto, na da Coruña, sobe a 32 (+3) a cifra global, dos que seis (+1) están críticos.

Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, a presión asistencial mantense con 47 hospitalizados, aínda que un deles abandonou a súa UCI, que teñen oito enfermos (-1). De igual modo, a cifra global de ingresados na de Lugo-A Mariña-Monforte continúa en 17, aínda que en críticos hai agora seis (+1). Na de Ferrol, mantéñense os 10 hospitalizados, tres deles críticos.

En canto a Santiago-Barbanza, é a única área onde baixan os hospitalizados lixeiramente, ata os 20 (-1). De todos eles, só un está en coidados intensivos.

MÁIS DE 15.000 CASOS

Os casos activos de covid-19 continúan co seu ascenso e excederon a barreira dos 15.000, ao situarse xa en 15.348 nos datos deste domingo. Isto débese a que Sanidade detectou máis contaxios (1.357) que altas (804) nun día, ao que se engaden dous falecementos.

As infeccións activas ascenden en todas as áreas sanitarias fóra da de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, onde por segundo día consecutivo descenderon, ata as 2.648 en total, 64 menos.

No lado oposto, a de Vigo volveu a ser a de maior incremento de pacientes covid, ata os 4.980 en total (+237). Séguenlle a da Coruña-Cee, que sobe a 2.329 (+113); a de Pontevedra-O Salnés, a 2.361 (+111); e a de Santiago-Barbanza, a 1.477 (+105).

Máis moderados son os ascensos das áreas de Lugo-A Mariña-Monforte e Ferrol. A lucense rexistra 993 casos activos de covid (+44), mentres que a ferrolá sitúase en 560 (+5).

NOVA MARCA DE CONTAXIOS NESTA ONDA

Os novos contaxios de covid-19 mantéñense por quinta xornada consecutiva por encima do milleiro, ao subir a 1.357, que implican 107 máis que os 1.250 do día anterior. É, de novo, a cifra máis alta desta sexta onda da pandemia.

De todas as novas infeccións, 478 correspóndense coa área de Vigo, á que segue a de Pontevedra con 214 positivos. Por detrás están A Coruña, con 209; Santiago, con 177; Ourense, con 141; Lugo, con 100; e Ferrol, con 38.

Por tanto, as persoas contaxiadas en Galicia desde o inicio desta pandemia ascenden a 208.410, das que 46.956 corresponden á área da Coruña; 45.501 á de Vigo; 29.369, á de Santiago; 27.168, á de Ourense; 24.882, á de Pontevedra; 21.864, á de Lugo; e 12.670, á de Ferrol.

Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade na tarde do pasado venres, 17 de decembro, Galicia conta cunha incidencia acumulada a 14 días de 511,95 casos por 100.000 habitantes, polo que segue lixeiramente por encima da media de España, que está en 511 puntos.

PCR E POSITIVIDADE

Desde o inicio desta crise sanitaria, segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, realizáronse 3.156.689 PCR, que implican 11.228 máis que as rexistradas ata a xornada anterior.

En canto á taxa de positividade en PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test–, volveu a ascender ata un 12,5%, tras situarse en torno ao 11% nos últimos días. De feito, esta cifra mantense por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...