InicioSucesosTres condutores deron positivo en drogas esta madrugada en Vigo: cocaína, opiáceos...

Tres condutores deron positivo en drogas esta madrugada en Vigo: cocaína, opiáceos e THC

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo realizou tres tests de drogas con resultado positivo na madrugada deste martes, entre as 00:33 e as 2:15 horas. Os condutores, tres varóns de entre 25 e 65 anos, perderán 6 dos seus puntos do carné, e a multa correspondente ascende a 1.000 euros.

A primeira proba realizouse ás 0:33 horas tras unha infracción de tráfico na rúa Sanjurjo Badía. O varón, de 65 anos, nacido na Cañiza e domiciliado en Vigo, conducía un turismo da marca Peugeot 307. Arroxou un resultado positivo en cocaína e opiáceos, sendo denunciado administrativamente.

Pouco máis tarde, sobre as 01:40 horas da madrugada, o condutor dun turismo da marca Audi A3 tamén foi denunciado administrativamente na rúa Aragón. Tratábase dun varón de 25 anos de idade, o cal tras someterse ao test indiciario salival deu un resultado positivo en THC.

Finalmente e sobre as 02:15 horas, un varón de 30 anos de idade, nado e domiciliado en Vigo, que conducía un turismo da marca Seat Ibiza, foi tamén denunciado por conducir con presenza de drogas no organismo. Os feitos ocorreron na Travesía de Vigo, e tras realizar o test indiciario salival, comprobouse que o resultado foi positivo en cocaína.

Todos eles foron denunciados por unha infracción moi grave con multa de 1000 euros e a
retirada de 6 puntos. A Policía Local recorda ademais que “conducir baixo a influencia destas sustancias no organismo, así como a negativa a someterse á práctica da proba, pode considerarse un delito contra a Seguridade Vial contemplado no vixente código penal”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...