InicioSucesosDetidos os dous supostos autores da agresión sexual a unha moza nun...

Detidos os dous supostos autores da agresión sexual a unha moza nun piso da rúa Torrecedeira

A agresión aconteceu na madrugada do pasado 8 de decembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores da agresión sexual a unha moza nun piso da rúa Torrecedeira.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do pasado 8 de decembro. Os sospeitosos coñeceron á vítima nun local do centro de Vigo e acordaron con ela irse a un piso da rúa Torrecedeira, onde se produciu a agresión sexual.

A investigación foi desenvolvida pola UFAM da Comisaría de Vigo-Redondela e, tras as xestións realizadas e grazas á declaración da vítima e doutras testemuñas, púidose identificar e deter aos dous homes supostamente autores da agresión.

No momento en que se tivo coñecemento dos feitos, a Policía Nacional de Vigo activou o protocolo de atención a vítimas de agresións sexuais, e xestionou o traslado da moza a un centro médico da cidade.

Os detidos foron postos a disposición xudicial en Vigo despois de tomárselles declaración en dependencias policiais.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...