InicioSociedadeEntrega na Comisaría un cheque por valor de 75.000 euros que...

Entrega na Comisaría un cheque por valor de 75.000 euros que atopou tirado na rúa

A lexítima dona do cheque expreseu o seu agradecemento ao cidadán

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un cidadán anónimo entregou na Comisaría de Vigo-Redondela un cheque nominativo por valor de 75.000 euros que se atopou tirado na rúa minutos antes, segundo informaron fontes policiais.

Os feitos ocorreron este domingo pola tarde, cando unha persoa se presentou na Comisaría para entregar un cheque por valor de 75.000 euros, que se atopou tirado no chan, na vía pública.

Cos datos que figuraban no cheque, a Policía puido localizar á súa lexítima dona, que recoñeceu que o perdeu, e que o diñeiro procedía da venda dun piso.

A muller presentouse en Comisaría para recuperar o cheque, e trasladou o seu agradecemento á Policía, así como ao cidadán que o entregou, polo seu “xesto e honradez”.

ÚLTIMAS

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...