InicioPolíticaO alcalde de Vigo pide que cando se reforme a Constitución, ...

O alcalde de Vigo pide que cando se reforme a Constitución, recoñezan “en detalle” o papel dos concellos

Abel Caballero volveu demandar que a variante do AVE pase por Cercedo.

PUBLICADO O

Os actos en conmemoración da Carta Magna sucedéronse nas distintas cidades ao longo desta xornada, un deles en Vigo, no que o seu rexedor e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, deu por feito que, nalgún momento, acometerase a reforma da Constitución e manifestou o seu desexo de que, cando isto ocorra, se recoñeza o papel dos concellos.

“Sucede que as cidades de 1978 pouco teñen que ver coas de 2021, pero foi nas cidades onde a sociedade evolucionou dunha forma máis manifesta”, relatou, antes de engadir que a Carta Magna “só dedica tres artigos aos entes locais e non profunda nas competencias e obrigacións, no papel das cidades, dos municipios”. “Pódese entender naqueles tempos, coas dificultades da Transición, pero hoxe ten que ser emendado”, proclamou.

“Dentro dun tempo, a Constitución española será reformada e será entón imprescindible que recolla en detalle o papel das cidades: as competencias, o financiamento e a súa propia presenza institucional“, reivindicou, antes de queixarse que, entre tando, “a ausencia da cobertura legal impide ás cidades poder exercitar políticas claves para os cidadáns”.

Así mesmo, Caballero aproveitou o seu discurso para insistir na súa demanda de que o AVE de Vigo vaia por Cerdedo, en Ourense, para non ter que facer un rodeo por Santiago. “Non podemos dar un rodeo por Santiago ou ir a 70 km/h para chegar a Ourense”, alegou o rexedor.

Fíxoo nun acto celebrado no museo Marco, no que o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez e Díaz Castroverde foi o encargado da lectura do bando institucional.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...