InicioSociedadeCGT denuncia "falta de prazas" e pide un aumento de trens no...

CGT denuncia “falta de prazas” e pide un aumento de trens no eixo atlántico

O sindicato advirte que Renfe aínda mantén suspendidos trens que circulaban antes da pandemia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

CGT denuncia “falta de prazas” os venres e domingos debido á demanda de estudantes e tamén “á primeira hora da mañá” entre Vigo e Santiago/A Coruña, polo que pide un aumento de trens no eixo atlántico. Para iso, o sindicato remitiu unha carta ao xerente do servizo público de Renfe Viaxeiros na que solicita un aumento dos servizos ferroviarios.

En concreto, refírese a situacións como as derivadas da demanda de estudantes, a apertura do centro comercial de Vialia na estación de Urzaiz o próximo día 30 e o incremento previsible tamén de face ao Nadal polas luces que se instalan na cidade olívica.

E é que, segundo advirte CGT, Renfe “aínda mantén suspendidos trens que circulaban antes da pandemia”.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...