InicioCulturaArrinca este martes o X Festival Primavera do Cine, que proxectará máis...

Arrinca este martes o X Festival Primavera do Cine, que proxectará máis de 30 producións

O certame porá o foco en producións galegas e do mundo lusófono.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O X Festival Primavera do Cinema arrincará este martes en Vigo e, ata o domingo, permitirá gozar de curtametraxes, videoclips e longametraxes, que serán proxectados no auditorio do Museo Marco e no auditorio municipal. En total, o certame contará cunha vintena de producións en formato curto, seis longametraxes e unha selección de videoclips de vangarda, pondo o foco nos traballos galegos e do mundo lusófono.

Todas as proxeccións serán en horario de tarde e con aforamento limitado, debido ás restricións pola pandemia de Covid. O custo das entradas é de 3 euros para os bloques de longametraxes e de 4 euros para as longametraxes, e poderán adquirirse no despacho de billetes antes das proxeccións ou de maneira telemática a través da plataforma woutick.

O festival abrirase este martes ás 20,00 horas coa proxección de ‘Ana. Sem Título’, unha película brasileira de Lucía Murat, que poderá verse no auditorio municipal, e que combina realidade e ficción para reivindicar a memoria das artistas latinoamericanas desaparecidas durante as diversas ditaduras que houbo no Cono Sur.

A sección oficial de longametraxes complétase cos títulos ‘Suzzane Daveau’, da cineasta Luisa Homem; e o documental ‘Campo’, dirixido por Tiago Hespanha. Na sección oficial galega poderán verse ‘9 fugas’, do vigués Fon Cortizo; ‘Devolvendo o golpe’, de Carlos Prado; e ‘Resonancias do pasado’, o último traballo de Antón Caeiro.

Este ano, a Mención Honorífica do Festival recae no escritor e cineasta Alberte Pagán, e o acto de entrega do premio será o sábado 11 de setembro no auditorio do Concello, onde se proxectará unha selección de traballos da cinematografía experimental galega dos últimos anos.

Por outra banda, o programa complétase con tres actividades gratuítas: o Proxecto Remolque (o sábado), un taller creativo de manipulación de película cinematográfica en 35 mm, dirixido por Alberte Pagán, Cris Lores e Belén Veleiro; o Paper Cinético (o sábado), un taller dirixido a nenos sobre construción de xoguetes e dispositivos precinematográficos; e a Gala de Clausura (o domingo), coa entrega de premios, presentada pola actriz Déborah Vukusic.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...