InicioCultura4.500 representacións despois, o musical de Peter Pan chega a Vigo e...

4.500 representacións despois, o musical de Peter Pan chega a Vigo e Pontevedra

PUBLICADO O

- Advertisement -

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará nas cidades de Vigo e Pontevedra o espectáculo “Peter Pan, el musical”. Poderase ver este venres no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) e o sábado no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2), en ambos os dous casos a partir das 20.00 h. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

Peter Pan é un dos musicais máis aclamados das últimas décadas que chega a Galicia despois de triunfar no Garrick Theatre. Unha produción familiar de grande formato que xa cativou a máis de 4 millóns de espectadores con máis de 4.500 representacións e grande éxito de público e crítica. Segundo The Times, «Peter Pan atópase no top five dos mellores musicais de Londres».

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...