InicioSociedadeO BNG traslada ao exalcalde Ventura Pérez Mariño os seus desexos de...

O BNG traslada ao exalcalde Ventura Pérez Mariño os seus desexos de “pronta recuperación”

A formación nacionalista traslada os seus "mellores ánimos" .

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo trasladou ao exalcalde da cidade, Ventura Pérez Mariño, os seus desexos dunha “pronta recuperación”, despois de que transcendese que o exrexedor se atora ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro, tras ser rescatado do mar nunha praia de Cangas en estado semiinconsciente.

A través dun comunicado, a formación nacionalista expresou publicamente o seu desexo de que Pérez Mariño (exmaxistrado e que encabezou a lista do PSdeG como independente nas eleccións locais de 2003) se restablezca completamente, para o que trasladaron os seus “mellores ánimos”.

Ventura Pérez Mariño, maxistrado xa xubilado, foi deputado entre 1993 e 1995 e, en xuño de 2003, foi investido alcalde de Vigo polo PSdeG e formou goberno co BNG de Lois Pérez Castrillo. Pero as diferenzas en materia de política urbanística acabaron cunha ruptura do pacto e desembocaron nunha moción de censura, na que o socialista perdeu a alcaldía, que foi asumida por Corina Porro (PP), en decembro dese ano.

Segundo precisou este venres o BNG, a investidura de Porro non contou co seu voto favorable, xa que os seus sete concelleiros apoiaron a Pérez Castrillo como candidato. Nese pleno, o PSdeG declinou presentar candidato, a pesar de que os nacionalistas trasladaran a súa disposición a apoiar a un aspirante socialista diferente a Pérez Mariño (ao que retiraran a súa confianza).

ÚLTIMAS

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...