InicioVigo e contornaVigoA Xunta xa pon data para a apertura do novo centro saúde...

A Xunta xa pon data para a apertura do novo centro saúde de Bouzas: será a finais de verán

Abel Caballero volveu a criticar que a execución do centro de saúde de Bouzas acumule "dez anos de atraso".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta prevé que o novo centro de saúde do barrio vigués de Bouzas, do que se executou máis do 80%, entre en servizo a finais deste verán. Durante unha visita realizada este luns ás obras deste complexo, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, lembrou que a construción do novo centro de saúde supón un investimento autonómico de 1,4 millóns de euros e que este terá capacidade para atender a case 10.000 usuarios.

Deste xeito, Ethel Vázquez sinalou que se busca dotar á contorna dun centro de medicina de Familia que preste os servizos que polo momento reciben os residentes na zona nos ambulatorios de López Moura, Beiramar e Navia.

En concreto, o novo centro de saúde contará con dúas plantas repartidas en dous volumes: a casa pequena –reservada para instalacións, vestiarios e a sala de reunións– e a grande –que acollerá tres consultas de Medicina de Familia, tres de Enfermaría e unha sala polivalente.

CRÍTICAS DO ALCALDE

Pola súa banda, o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, volveu a criticar que a execución do centro de saúde de Bouzas acumule “dez anos de atraso” e que este fose “dividido á metade”, o que, ao seu xuízo, suporá que “non poida atenderse a toda a xente” da zona no mesmo.

Así, remarcou que este centro “albergará a metade das consultas” previstas inicialmente e reprobou que “se baixase” o orzamento do mesmo de 2,2 milllones de euros a “pouquiño máis de 1 millón”, unha cifra que comparou cos 700.000 euros investidos polo Concello na adquisición do chan.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...