InicioSociedadeDetido en Vigo tras propinar dúas puñadas na cara e empuxóns á...

Detido en Vigo tras propinar dúas puñadas na cara e empuxóns á súa parella

A muller, de 75 anos, foi trasladada en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 64 anos de idade, J.L.F., de Baiona, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir á súa parella, unha muller de 75 anos. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste domingo, cando o 092 recibiu un aviso por un suposto episodio de malos tratos na rúa Cambeses.

Cando a dotación acudiu ao lugar, atopouse coa vítima na rúa e esta relatoulles que, momentos antes, mantivera unha discusión no seu domicilio coa súa parella. No trancurso da rifa o home propináralle dúas puñadas no ollo dereito, mentres que ela agarroulle do pescozo para defenderse.

Tras zafarse do seu agresor, a muller saíu á rúa fuxindo, pero a súa parella seguiuna e, cando ela ía camiñando pola vía pública, suxeitouna polo pelo e empuxouna varias veces. O home mantivo esta actitude ata que unha veciña increpouno e se foi do lugar.

Os axentes acudiron ao domicilio para interrogar ao presunto autor dos feitos, que afirmou que fora el o agredido e que golpeara á muller para defenderse. En atención á versión da vítima, que presentaba lesións visibles no ollo, e tras escoitar á testemuña que chamou ao 092, os axentes procederon á detención do home, mentres que a muller foi trasladada en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...