InicioVigo e contornaVigoVigo recibirá máis de 5 millóns de euros pola caída do transporte...

Vigo recibirá máis de 5 millóns de euros pola caída do transporte público na pandemia

Forma parte dun paquete de axudas do Goberno para compensar a baixada da circulación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reivindicou os 13,8 millóns concedidos polo Executivo a cidades galegas pola caída de ingresos do transporte público no contexto de pandemia. “Con estas axudas, recoñecemos o esforzo tamén excepcional que fixeron e seguen facendo os gobernos locais para seguir prestando servizos esenciais para a cidadanía nos momentos de crise sanitaria”, explica o delegado.

En concreto, o BOE deste mércores publica o Real Decreto polo que se conceden subvencións a municipios que prestan o servizo de transporte público. O Real Decreto materializa o acordo adoptado polo Consello de Ministros a proposta dos Ministerios de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e de Facenda.

Segundo se indica, cinco cidades galegas recibirán 13.817.582,35€, unha cantidade que se acordou en función da información achegada polos propios concellos sobre os ingresos do servizo do transporte urbano no ano anterior á pandemia, o 2019. As axudas chegarán á Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo, pero non Pontevedra ou Ferrol. Vigo recibirá 5.697.084,20€.

“Esta cantidade corresponde ao 40% do que facturaron estes servizos nese ano, que é o que se estima que deixaron de ingresar polas restriccións de mobilidade e outras derivadas da pandemia”, engade. En total, remarca, o Goberno repartirá nos próximos días 433,9 millóns de euros entre entidades locais para compensar a redución de ingresos do transporte público causada polas restricións de mobilidade e a redución de aforamentos nos vehículos durante a pandemia do Covid-19.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...